A American Football League (AFL) foi unha liga profesional de fútbol americano que operou entre en 1960 até 1969, cando se fusionou coa National Football League (NFL). A liga foi creado por un grupo de empresarios que non puideran obter franquías de expansión da NFL co obxectivo de competir con esta última. Os equipos fundadores da AFL foron os New York Titans, os Boston Patriots, os Buffalo Bills e os Houston Oilers da División Leste e Los Angeles Chargers, Denver Broncos, Oakland Raiders e Dallas Texans da División Oeste.
Historia A American Football League foi fundada por empresarios que non obtiveran franquías na NFL e por socios minoritarios. Na súa primeira tempada en 1960, a liga tiña oito equipos: catro en cidades con equipos da NFL (Os Ánxeles, Nova York, Oakland e Dallas) e catro en cidades sen presenza na NFL (Boston, Buffalo, Denver e Houston). En 1961 os Chargers mudáronse de Los Ángeles a San Diego, e en 1963 os Dallas convertéronse nos Kansas City Chiefs, aumentando así a cantidade de cidades alternativas á NFL. Miami incorporouse á liga en 1966 e Cincinnati en 1968, para un total de dez equipos. A AFL foi emitida por televisión pola cadea ABC desde 1960 até 1964, e a NBC a partir de 1965. Mediante os ingresos dos contratos de televisión, os equipos iniciaron unha guerra económica coa NFL para contratar os mellores xogadores. Ademais se implementaron medidas para aumentar o interese do público, como colocar os apelidos dos xogadores no dorsal das camisetas, e adoptar a conversión de dous puntos.
En maio de 1966, os New York Giants da NFL asinaron un contrato con Pete Gogolak, quen tiña un contrato vixente cos Buffalo Bills do AFL, violando o acordo entre ambas as ligas. En xuño, ambas as ligas asinaron un acordo para fusionarse, acordando que ningún equipo quedaría excluído nin cambiaría de cidade. Ao final da tempada 1966−67 disputaríase un partido entre os campións de ambas as ligas, e en 1970 ambas as ligas integrarían os seus calendarios. Este partido entre os campións de ambas ligas é o hoxe coñecido como Super Bowl.
Equipo ideal da historia da AFL miniatura|Joe Namath (Jets). Os seguintes xogadores foron escollidos en 1969 polo Comité do Salón da Fama da American Football League como membros do equipo ideal de toda a historia da competición:2001 National Football League Record and Fact Book, p. 405, Edited by Randal Liu and Matt Marini, Workman Publishing Company, New York, ISBN 0-7611-2480-2
Equipo All-Time da AFL Ataque Defensa Equipos especiaisPosiciónXogadorPosiciónXogadorPosiciónXogadorWRLance AlworthEndJerry MaysKGeorge BlandaEndDon MaynardGerry PhilbinTEFred ArbanasTHouston AntwineTRon MixTom SestakJim TyrerLBBobby BellCJim OttoGeorge WebsterGEd BuddeNick BuonicontiPJerrel WilsonBilly ShawCBWillie BrownQBJoe NamathDave GraysonRBClem DanielsSJohnny RobinsonPaul LoweGeorge Saimes
Franquías DivisiónEquipoDebutEstadioBalanceTítulosLesteBoston Patriots1960Nickerson Field (1960–1962), Fenway Park (1963–1968), Alumni Stadium (1969)64-69-90Buffalo Bills1960War Memorial Stadium (1960–1969)67-71-62Houston Oilers1960Jeppesen Stadium (1960–1964), Rice Stadium (1965–1967), Houston Astrodome (1968–1969)72-69-42Miami Dolphins1966Miami Orange Bowl (1966–1969)15-39-20New York Titans/Jets1960Polo Grounds (1960–1963), Shea Stadium (1964–1969)71-67-61OesteCincinnati Bengals1968Nippert Stadium (1968–1969)7-20-10Dallas Texans/Kansas City Chiefs1960Cotton Bowl (1960–1962), Municipal Stadium (1963–1969)92-50-53Denver Broncos1960Bears Stadium/Mile High Stadium (1960–1969)39-97-40Los Angeles/San Diego Chargers1960Los Angeles Memorial Coliseum (1960), Balboa Stadium (1961–1966), San Diego Stadium (1967–1969)88-51-61Oakland Raiders1960Kezar Stadium (1960), Candlestick Park (1961), Frank Youell Field (1962–1965), Oakland–Alameda County Coliseum (1966–1969)80-61-51 Actualmente, dúas das oito divisións da NFL están completamente compostas por ex-equipos da AFL: a AFC Oeste (Broncos, Chargers, Chiefs e Raiders) e a AFC Leste (Bills, Dolphins, Jets e Patriots). Adicionalmente, os Bengals xogan na AFC Norte e os Tennessee Titans (antigamente Oilers) na AFC Sur.
Finais da AFL División LesteDivisión Oeste AnoDataCampiónMarcadorSubcampiónMVPSedeAsistencia19601 de xaneiro de 1961Houston Oilers24–16Los Angeles ChargersBilly CannonJeppesen Stadium32.183196124 de decembro de 1961Houston Oilers (2)10–3San Diego ChargersBilly CannonBalboa Stadium29.556196223 de decembro de 1962Dallas Texans20–17 (PR)Houston OilersJack SpikesJeppesen Stadium (2)37.98119635 de xaneiro de 1964San Diego Chargers51–10Boston PatriotsKeith LincolnBalboa Stadium (2)30.127196426 de decembro de 1964Buffalo Bills20–7San Diego ChargersJack KempWar Memorial Stadium40.242196526 de decembro de 1965Buffalo Bills (2)23–0San Diego ChargersJack KempBalboa Stadium (3)30.36119661 de xaneiro de 1967Kansas City Chiefs (2)31–7Buffalo BillsLen DawsonWar Memorial Stadium (2)42.080196731 de decembro de 1967Oakland Raiders40–7Houston OilersDaryle LamonicaOakland–Alameda County Coliseum53.330196829 de decembro de 1968New York Jets27–23Oakland RaidersJoe NamathShea Stadium62.62719694 de xaneiro de 1970Kansas City Chiefs (3)17–7Oakland RaidersOtis TaylorOakland–Alameda County Coliseum (2)53.561
Cursiva – Finalista da Super Bowl, Negra – Campión da Super Bowl
Notas
Véxase tamén Outros artigos National Football League
Categoría:National Football League Categoría:Competicións de fútbol americano