A dos osméridos (Osmeridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos osmeriformes,Osmeridae Regan, 1913 no WoRMS.Osmeridae no ITIS.

Son peixes mariños e dulciacuícolas que se distribúen polas augas frías do hemisferio norte, nos océanos Atlántico e Pacífico, así como nalgúns cursos fluviais que desembocan neles.

Características As principais características destes peixes son:Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982), pp. 125-126.Muus, Bent J. el al. (1998), pp. 96-98.

Corpo esvelto e de cor prateada. Boca grande, que chega até detrás dos ollos, provista dalgúns dentes longos e afiados. A orixe da aleta ventral está situada debaixo da orixe da aleta dorsal. Presentan unha aleta adiposa de forma e tamaño varíábel segundo as especies.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1913 polo ictiólogo inglés Charles Tate Regan.

Etimoloxía O nome científico da familia está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Osmerus, coa adición do sufixo ´-idae, propia dos nomes das familias de animais, e tomada do latín clásico ´-idae, plural de ´-ides, sufixo patronímico masculino derivado do grego antigo -ιδαι -idai, plural de -ιδης -idēs, "de aspecto de", "semellante a", derivado de εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma".

En canto Osmerus, deriva do grego antigo ὀσμή osmḗ, "olor", "cheiro", "fragrancia", en referencia ao aroma característico da carne dos peixes deste xénero.Woodhouse, S. C. (1910): English-Greek Dictionary - A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E. C. Searchable JPEG fulltextGlare, P. G. W. ed. (1968–1982): Oxford Latin Dictionary (1st ed.). Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 0-19-864224-5.FishBase (2006): Order Osmeriformes.

Clasificación miniatura|250px|Hypomesus japonicus. miniatura|250px|Hypomesus nipponensis. miniatura|250px|Mallotus villosus. miniatura|250px|Osmerus eperlanus. miniatura|250px|Spirinchus thaleichthys. miniatura|250px|Thaleichthys pacificus.

Segundo o WoRMS, a familia comprende dezaseis especies reparitidas en seis xéneros:

Familia Osmeridae Regan, 1913 Xénero Allosmerus Hubbs, 1925 Allosmerus Hubbs, 1925 no WoRMS. Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) Xénero Hypomesus Gill, 1862 Hypomesus Gill, 1862 no WoRMS. Hypomesus japonicus (Brevoort, 1856) Hypomesus nipponensis McAllister, 1963 Hypomesus olidus (Pallas, 1814) Hypomesus pretiosus (Girard, 1854) Hypomesus transpacificus McAllister, 1963 Xénero Mallotus Cuvier, 1829 Mallotus villosus (Müller, 1776) Xénero Osmerus Linnaeus, 1758 Osmerus Linnaeus, 1758 nop WoRMS. (Nota: véxase Osmerus). Osmerus eperlanus (Linnaeus, 1758) Osmerus mordax (Mitchill, 1814) Xénero Spirinchus Jordan & Evermann, 1896 Spirinchus Jordan & Evermann, 1896 no WoRMS. Spirinchus lanceolatus (Hikita, 1913) Spirinchus starksi (Fisk, 1913) Spirinchus thaleichthys (Ayres, 1860) Xénero Thaleichthys Girard, 1858 Thaleichthys Girard, 1858 no WoRMS. Thaleichthys pacificus (Richardson, 1836)

Relacións filoxenéticas Cladograma da familia dos osméridos

A familia dos Salangidae e o xénero Plecoglossus poderían ser clados irmáns dos xéneros dos osméridos.Katriina L. Ilves & Eric B. Taylor (2009): "Molecular resolution of the systematics of a problematic group of fishes (Teleostei: Osmeridae) and evidence for morphological homoplasy". Molecular Phylogenetics and Evolution 50: 163–178.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Osmeriformes

Ligazóns externas Osmeridae Regan, 1913 no WoRMS. Osmeridae no ITIS. Osmeridae na ADW. Osmeridae na EOL. Con abundante información, imaxes, mapas e bibliografía . Especies da familia dos osméridos na FishBase.

Categoría:Osmeriformes