miniatura|O morado foi historicamente unha cor asociada co feminismo.

Purplewashing (lavado lila ou lavado de imaxe púrpura) é un préstamo lingüístico (do inglés purple, morado, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto feminista, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á promoción de institucións, países, persoas, produtos ou empresas apelando ao seu compromiso coa igualdade de xénero. Burkas en el ojo ajeno: el feminismo como exclusión. Pikara Magazine. 4 de decembro de 2014. Del pornoburka al purplewashing, los trucos más sucios contra el feminismo. El Confidencial. 3 de abril de 2016. 'Purplewashing' o acordarse del feminismo cuando interesa. Eldiario.es. 29 de agosto de 2016.

A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe dos países occidentais que, sen conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres, escusan este déficit en que as mulleres doutros países ou culturas aínda teñen peores condicións de vida, referíndose frecuentemente aos de maioría musulmá.

Xeralmente utilízase este termo para denunciar o uso sectario que se fai do feminismo para amparar discursos ou políticas xenófobas e de promoción da islamofobia. Ademais, tamén se utiliza para sinalar o compoñente paradoxalmente sexista que teñen moitas destas accións ao aplicarse unicamente en mulleres, como a prohibición de vestir determinadas pezas de roupa ou a negación de certos servizos.

Para moitas activistas feministas, ante a instrumentalización dos dereitos das mulleres, a única resposta posible e liberadora para todas as minorías é a solidariedade interseccional entre os diferentes grupos oprimidos, como son as mulleres e as migrantes.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Feminacionalismo Pinkwashing Homonacionalismo Etnocentrismo Greenwashing Redwashing

Categoría:Conceptos feministas Categoría:Discriminación Categoría:Xenofobia