Iris María Gey López, nada na Coruña en 1983, é unha filóloga, escritora e cantante galega. Actualmente, imparte aulas de lingua e literatura galega e música no CPI Tomás Terrón Mendaña, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, é profesora de lingua galega e música. Colaborou no Anuario Brigantino. Gañou o primeiro premio de narrativa no certame literario organizado pola UDC no ano 2012 co relato "Nós, os degradados" e o primeiro premio no certame literario na modalidade de narrativa organizado polo concello de Mugardos no 2013 co texto "Cesárea de berro". Foi accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 2016 co relato "Cranios privilexiados". Tamén colabora co músico Xoán Curiel como cantante, co que lanza un disco en 2021, "Treides comigo", sobre a lírica galego-portuguesa, interpretando as cantigas de amigo, amor e escarnio e maldizer de 11 trobadores do Camiño de Santiago desde unha perspectiva moderna, nun estilo "pop medieval".
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores de educación secundaria