Interestellar é un filme británico-estadounidense de 2014 do xénero de ciencia ficción dirixido, co-escrito e co-producido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain, Matt Damon e Michael Caine. No filme, un grupo de astronautas viaxan a través dun burato de verme na busca dun novo fogar para a humanidade. Os irmáns Christopher e Jonathan Nolan escribiron o guión, que ten a súa orixe nun guión de Jonathan desenvolvido no 2007. Nolan produciu o filme coa súa muller Emma Thomas a través da súa compañía Syncopy e con Lynda Obst a través de Lynda Obst Productions.
O fotógrafo de cine Hoyte van Hoytema rodou o filme en 35 mm (en formato anamórfico) e IMAX 70 mm. A fotografía principal tivo lugar a finais de 2013 en Alberta, Islandia e Os Ánxeles.
Estreouse en galego na TVG o 13 de setembro de 2017.
Personaxes
Matthew McConaughey como Joseph "Coop" Cooper Anne Hathaway como Dr. Amelia Brand Jessica Chastain como Murphy "Murph" Cooper Mackenzie Foy como Murphy de nena Ellen Burstyn como Murphy de anciá John Lithgow como Donald Michael Caine como Profesor John Brand Casey Affleck como Tom Cooper Timothée Chalamet como Tom de neno Wes Bentley como Dr. Doyle Bill Irwin como TARS e CASE Josh Stewart como CASE Topher Grace como Getty David Gyasi como Dr. Romilly Matt Damon como Dr. Mann Leah Cairns como Lois Cooper David Oyelowo como Tom Collette Wolfe como Ms. Hanley William Devane como Williams Elyes Gabel como Administrador da NASA
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
MacKay, John. "On INTERSTELLAR (2014) (preliminary notes)"
Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes rodados en Alberta Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre o tempo Categoría:Filmes sobre buratos de verme Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes ambientados en 2067 Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Syncopy Inc. Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego