José Manuel García Naranjo, máis coñecido como José Naranjo, nado en Rociana del Condado, Huelva, o 28 de xullo de 1994, é un futbolista profesional español que xoga como dianteiro para o CD Leganés da Liga Santander.

Traxectoria profesional Formado nas categorías inferiores do Recreativo de Huelva, Naranjo fixo o seu debut co primeiro equipo, daquela na Segunda División, o 2 de xuño de 2013, no empate do Recreativo por 0-0 contra o Sporting de Gijón.Triste empate para cerrar una muy triste temporada; Marca, 2 de xuño de 2013 No seu derradeiro ano de contrato co equipo onubense, Naranjo foi cedido ó Villarreal B da Segunda División B,José Naranjo jugará cedido en el filial; Sitio web oficial do Villarreal, 17 de xullo de 2014 e chegou a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro de 2014, nun partido da Copa do Rei contra o Cádiz CF.El Cádiz vende cara su piel

O 7 de xullo de 2015, Naranjo asinou un contrato de tres anos co Gimnàstic de Tarragona, recentemente ascendido á Segunda División.José Naranjo firma por el Nàstic; Sitio web oficial do Gimnàstic, 7 de xullo de 2015

O 17 de xuño de 2016, Naranjo fichou polo Celta de Vigo, e asinou co equipo galego un contrato de cinco tempadas.Naranjo, nuevo jugador del Celta Tras unha etapa onde tan só participou en tres encontros, dous deles na UEFA Europa League, e sen chegar a debutar na Primeira División, Naranjo marchou traspasado ó KRC Genk belga.El Celta traspasa a Naranjo al Genk

O 1 de setembro de 2017, Naranjo volveu á primeira categoría do fútbol español tras a súa cesión por unha tempada ó CD Leganés.José Naranjo llega cedido al Leganés

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Futbolme

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Rociana del Condado Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva B Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Villarreal CF B‎ Categoría:Xogadores do Villarreal CF‎ Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do KRC Genk Categoría:Xogadores do CD Leganés