Cauca é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase no suroccidente do país, na rexión natural do Pacífico, e a súa capital é Popayán. Ten unha superficie de 29.308 km² e de acordo co DANE, posúe unha poboación estimada (2024) de 1.578.476 habitantes.

Historia No período precolombiano numerosos pobos indíxenas habitaron a rexión, principalmente os nasas, guambianos, aviramas, totoroes, polindaras, paniquitaes, coconucos, patías, bojoles, chapanchicas, sindaguas, timbas, jamundíes e cholos. O primeiro conquistador que recoñeceu o territorio caucano foi Sebastián de Belalcázar en 1536, quen chegou procedente do Perú na procura de "El Dorado" acompañado, entre outros, polos capitáns Pedro de Añazco e Juan de Ampudia.

esquerda|270px|miniatura|Provincia de Popayán en 1810. Nun principio, Belalcázar percorreu o val do río Patía e logo enviou a Añazco e Ampudia a explorar o val de Pubenza, onde se fundaría a cidade de Popayán; esta última foi fundada por Belalcázar o 13 de xaneiro de 1537; a partir de alí recoñeceu as fontes dos ríos Cauca e Magdalena e a lagoa do Boi. Carlos V concedeu a Belalcázar o 10 de maio de 1540, o título de adiantado e gobernador vitalicio da provincia de Popayán, cuxa xurisdición abranguía nun principio os territorios dos actuais departamentos de Nariño e Cauca; en 1541 os dominios de Popayán foron ampliados á maior parte do territorio colombiano, dende San Juan de Pasto até a serranía de Abibe. Durante a primeira metade do século XIX, Popayán continuou sendo un importante centro político e comercial da Nova Granada.

En 1819 a provincia de Popayán formou parte do departamento de Cundinamarca da Gran Colombia e en 1821 foi convertido no centro do departamento do Cauca; entre 1831 e 1857 novamente foi a provincia de Popayán. En 1857 foi renomeado como Estado Soberano do Cauca, o cal tiña poder sobre as antigas provincias de Pasto, Cauca, Chocó, Buenaventura e Caquetá. En 1886 o status do Cauca mudou a departamento e devandita condición ratificouse en 1910, mentres os territorios antes mencionados foron segregados a comezos do século XX.

Demografía Os concellos máis poboados do departamento en 2025 eran:

border|120pxPopayán

border|120pxSantander de Quilichao Núm. Concello Pob. Núm. Concello Pob. border|120pxEl Tamboborder|120pxCajibío 1 Popayán346 403 6 Puerto Tejada45 047 2 Santander de Quilichao119 121 7 Piendamó44 400 3 El Tambo58 323 8 Caldono43 643 4 Páez50 082 9 Morales42 419 5 Cajibío45 481 10 Silvia40 773

Etnografía O Cauca é un departamento colombiano cunha gran proporción de indíxenas. As dúas etnias máis numerosas son os nasas e os guambianos. Dende os tempos coloniais estiveron en conflito pola propiedade das terras. Un dos líderes nasas máis salientables foi Quintín Lame.

Mestizos e brancos (56,3%) Afrocolombianos (22,2%) Indíxenas (21,6%)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cauca, Colombia Categoría:Departamentos de Colombia