Zaireeka é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 28 de outubro de 1997 a través do selo Warner Bros. Records. Trátase dun disco de rock experimental formado por catro CDs. Cada unha das oito cancións consiste en catro pistas estéreo, unha de cada CD. O álbum foi deseñado para ao ser reproducidos simultaneamente en catro sistemas de son separados, os catro discos producisen un son harmóxico. Os discos tamén poden tocarse en diferentes combinacións, omintindo un, dous ou tres deles. O seu título é unha mestura de dúas palabras: Zaire, elixida como un símbolo de anarquía despois de que Wayne Coyne escoitase na radio novas sobre a inestabilidade política no país, e eureka.Do libreto de Zaireeka
Listaxe de cancións Os catro discos teñen a mesma listaxe de cancións.
Categoría:Álbums de The Flaming Lips Categoría:Álbums musicais de 1997 Categoría:Álbums producidos por Dave Fridmann Categoría:Álbums de Warner Bros. Records