O mar das Molucas (en indonesio, Laut Maluku) é un mar que se atopa no océano Pacífico occidental, e cuxas augas pertencen a Indonesia, especificamente bordeado polas illas indonesias de Célebes ao oeste, Halmahera ao leste e as illas Sula ao sur. A rexión é rica en corais e goza de moitos sitios para a practica do mergullo deportivo.
Xeografía Este mar está situado na parte centroriental do arquipélago das Indias Orientais e os seus límites son os seguintes: ao noroeste, a costa da illa de Célebes e o mar de Célebes; ao norte, as illas Talaud, e o mar de Filipinas; ao leste, a costa occidental da illa de Halmahera, as illas Bacan e as illas Obi e o propio mar de Halmahera; ao sur, o mar de Ceram, as illas de Taliabu, illas Banggai e Peleng e o mar de Banda; ao oeste, o golfo de Tomini. Terremotos
O mar é unha zona sísmica moi activa debido á placa do mar das Molucas. As illas Talaud, ao norte, son o límite xeralmente aceptado deste mar, aínda que a plataforma mariña esténdese máis ao norte.
Historia Os imperios portugués, holandés, británico e español loitaron entre si polo control das illas das Especias (Molucas) as que só se pode acceder a través do mar das Molucas.
Delimitación da IHO
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Molucas como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48c, dentro do arquipélago das Indias Orientais e defíneo da forma seguinte:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estreito de Malaca Mar de Célebes
Ligazóns externas Molucca sea
Categoría:Mares do Océano Pacífico