A mbila (plural timbila) é un instrumento musical de percusión, do tipo xilófono, tradicional do pobo chopi de Mozambique.
As timbila, de varias dimensións, poden formar unha orquestra. Fabrícanse con láminas de madeira dunha especie determinada, seleccionada e tratada por mestres musicais, úsanse como caixas de resonancia cascas de froitos silvestres.
A mbila dos chopi foi considerada pola UNESCO, no 2006, Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Véxase tamén Outros artigos Pobo chopi
Categoría:Instrumentos de percusión Categoría:Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade