miniatura|Escudo da cidade de Bünde, en Renania do Norte-Westfalia, que representa a Hengest e ao seu irmán Horsa dándose a man tras acordar a invasión de Gran Bretaña; acordo que, segundo a tradición, se produciu en Bünde. Hengest ou Hengist, finado en 488?, foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V). lugartenente do rei danés HnæfGwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196.. A súa figura protohistórica aparece no poema épico Beowulf e o fragmento de FinnsburgHengest. A súa figura lendaria aparece como o fundador do reino de Kent, un dos primeiros reinos anglosaxóns na illa.Medeiros (2017), p. 205
Traxectoria En Beowulf cítase a Hildeburh, a irmá do rei Hnæf e esposa de Finn de Frisia. Tanto Hnæf como o fillo de Hildeburh e Finn caeron no campo de batalla, xunto a moitos guerreiros frisóns. Non está claro o papel de Finn na disputa que o leva a ofrecer un trato desfavorábel, pero Hengest rompe ese trato, mata a Finn e leva a Hildeburh de regreso a DinamarcaBeowulf, Líneas 1063–1159.
Historia ecclesiastica gentis Anglorum En Historia ecclesiastica gentis Anglorum (século VIII) aparece un Hengest, irmán de Horsa, caudillos dun exército formado por anglos, saxóns e xutos. Horsa morreu en batalla contra os britóns e foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda. Fai unha xenealoxía dos irmáns, ambos os fillos de Wictgils fillo de Witta fillo de Woden, e que á súa vez Hengist era pai de Oeric, o cal o acompañou a Britania.
Crónica anglosaxoa A Crónica anglosaxoa menciona a Batalla de Aylesford (455), cando Hengest combateu a Vortigern. Nesa batalla morreu o seu irmán HorsaAnglo-Saxon Chronicle Textos originales transcritos.
Historia Brittonum A Historia Brittonum menciona a Hengest e Horsa, a quen Vortigern permitiu asentarse co seu pobo en Thanet a cambio dos seus servizos como mercenarios para defender o reino contra os pictos. Hengest convenceu a Vortigern para que lle concedese máis terra e permitir a chegada de máis colonos, o que abriu o camiño ao asentamento xermánico na illa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Finn and Hengest. Oisc de Kent. Reino de Kent. batalla de Wippedesfleot.
Categoría:Reis de Kent