La Guajira (en wayuu: Wajiira) é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase no nordeste do país, na rexión natural Caribe, e limita polo norte e polo oeste co mar Caribe, polo leste con Venezuela e polo sur co departamento do Cesar e Magdalena. A súa capital é Riohacha.

O departamento está illado do resto do país pola Serra Nevada de Santa Marta. A temperatura media está entre 27 e 30 °C, e o o clima é o máis seco do país.

A poboación, concentrada na banda oriental do departamento, é mestiza ou indíxena - o DANE estima que o 45% son indíxenas, habitantes das 11 reservas alí existentes. O 14,8% da poboación é afrocolombiana.

Demografía

Composición étnica Indíxenas (44,9 %) Mestizos e brancos (40,3 %) Afrocolombianos (14,8 %)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobo wayuu Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:La Guajira Categoría:Departamentos de Colombia