Archers of Loaf é unha banda estadounidense de indie rock formada en Chapel Hill, Carolina do Norte no ano 1991. O grupo xirou extensamente e publicou catro álbums de estudio, un recompilatorio, varios sinxelos e EPs, e un álbum ao vivo que foi lanzado despois de que a banda se separase en 1998. No ano 2011 a banda comezou unha xira de reunión que coincidiu coa reedición dos seus álbums a través do selo Merge Records.
Historia
Primeiros anos O cantante e guitarrista Eric Bachmann, o guitarrista Eric Johnson, o baixista Matt Gentling, e o batería Mark Price, todos orixinarios de Asheville, Carolina do Norte, formaron Archers of Loaf a principios dos 90. Eric Bachmann especializouse en saxofón na Appalachian State University antes de deixalo porque "non quería ser director da banda dun instituto".Melanie Haupt (27 de novembro de 2003). "Houston - Music - Quit Loafing!". Houston Press.
O seu primeiro lanzamento en 1992 foi un sinxelo de 45", "Wrong" coa cara b "South Carolina", regalado co primeiro número da revista Stay Free!
A banda fichou por Alias Records e publicou o seu segundo sinxelo, "Web in Front", en febreiro de 1993, recibindo unha moderada atención por parte das radios universitarias. A canción apareceu nun capítulo da quinta tempada de Beavis and Butt-Head, e foi incluída na banda sonora da película Mallrats en 1995.
Archers of Loaf lanzaron o seu álbum de estrea, Icky Mettle, en setembro de 1993. Foi ben recibido pola crítica, dándolle o crítico Robert Christgau a súa segunda cualificación máis alta, e chegando ao número 18 na lista dos mellores 150 álbum de CMJ New Music Monthly, onde estivo durante 21 semanas. No libro de 2008 The Pitchfork 500 menciónase a "Web in Front" como unha das mellores 500 cancións de décadas recentes.
En 1994 a banda publicou o EP Vs the Greatest of All Time. Porén, a canción "The Greatest of All Time" non aparece neste lanzamento senón no seu segundo álbum, Vee Vee, publicado en 1995. Vee Vee seguía un esquema semellante ao das súas gravacións anteriores e contaba co tema "Harnessed in Slums", que se fixo popular na radio universitaria. O álbum tamén conseguiu certa repercusión fóra da escena independente, e Maverick Records, unha división do Warner Music Group, ofreceulle á banda un contrato que esta rexeitou. Bachmann posteriormente dixo que o grupo non considerou realmente a oferta. A banda aínda tiña un contrato con Alias, e cambiar de selo significaría que terían unha gran débeda con Maverick. Segundo Bachmann, "Xa asináramos un contrato [con Alias] e custa moitos cartos saír desas cousas. Se fixésemos que Maverick comprase o noso contrato, teríamos unha débeda con eles de varios milleiros de dólares. É realmente complexo deste xeito e non tiña sentido facelo". A banda tiña outra razón para rexeitar a oferta de Maverick: non querían verse asociados coas outras bandas de alto perfil do selo. "As outras bandas [en Maverick] eran tan malas..." dixo Price na época. "Hai outras bandas en grandes selos que se asocian con moita merda, pero son tan grandes que hai polo menos algunhas bandas que che gustan. Para nós en Maverick, seríamos nós e Candlebox e Alanis Morissette..."
En 1995 a banda foi abreconcertos na xira de Weezer, conseguindo o seu momento de maior visibilidade. O son ás veces descarado da banda non funcionou demasiado ben co público de Weezer, e Gentling dixo máis tarde sobre a xira, "Non era tanto como que non nos gustasen os mozos de Weezer, pero as bandas de apertura son tratadas como unha merda pola xente que traballa (nos locais). E no que a nosa música se refire, non sei moi ben se somos tan compatibles, polo menos en directo". En 1996 o grupo publicou The Speed of Cattle, unha colección de caras b, sinxelos e cancións de sesións con John Peel.
Últimos anos e separación O seu terceiro álbum de estudio, o traballo de 1996 All the Nations Airports, considerouse máis accesible que os anteriores lanzamentos, e foi o primeiro en ser distribuído por un gran selo, Elektra Records (aínda que a banda aínda tiña contrato con Alias Records). O álbum gravouse en Seattle e tardou tres semanas en completarse, sendo o tempo máis longo que a banda necesitou para para facer un álbum ata ese momento.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Icky Mettle 1993 Alias Records Vee Vee 1995 Alias Records All the Nations Airports || 1996 || Alias Records |- | White Trash Heroes || 1998 || Alias Records |- | Reason in Decline'' 2022 Merge Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Carolina do Norte Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Grupos musicais separados en 1998 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2001