260px|miniatura|Os Condados cataláns Os condados cataláns (en catalán: comtats catalans) son os condados que apareceron na zona da actual Cataluña a partir da Marca Hispánica do Imperio carolinxio, no século IX.

O seu territorio ocupaba parte das actuais Cataluña, Andorra e a Cataluña Norte, no sur de Francia.

Historia Os condados máis orientais acabaron sendo incorporados ao condado de Barcelona e formaron parte da unión dinástica co reino de Aragón na chamada Coroa de Aragón (1162), mentres que o condado de Urgell mantivo a súa dinastía propia ata 1413 e o de Pallars Sobirà ata 1491.

Os taifas de Tortosa e Lleida foran conquistadas polo conde de Barcelona Ramon Berenguer IV (en 1148 e 1149 respectivamente), e non se constituíron como novos condados senón que Ramon Berenguer adoptou o título de marqués deses territorios.

Aínda que os termo Catalania atópase por primeira vez en forma escrita cara a 1172 no poema pisano Liber maiolichinus de gestis pisanorum illustribus,Atribuído a Laurentius Veronensis ou a Henrique de Pisa, véxase John B. Dillon (2004), Medieval Italy: An Encyclopedia, Christopher Kleinhenz, ed. (New Jersey: Routledge), 610. xa se atopan referencias ao conde de Barcelona como Princeps nas actas de consagración da catedral románica de Barcelona (1058),Fita Colomé, Fidel, El principado de Cataluña. Razón de este nombre. Boletín de la Real Academia de la Historia, número 40 (1902), páx. 263. e nos Usatges de Barcelona, a denominación Principado de Cataluña (Principatus Cathaloniae) non aparece documentalmente ata 1350.

Lista de condados miniatura|500px|Mapa da expansión da Coroa de Aragón, coloreado segundo monarcas e fases de conquista, con datas.

Condado de Barcelona (Independente desde 801 até 1162; a partir da última data, en unión persoal coa Coroa de Aragón). Condado de Berga (Independente desde 988 até 1117; anexionado a Barcelona). Condado de Besalú (Independente desde 988 até 1111; anexionado a Barcelona). Condado de Cerdaña (Independente desde 798 até 1118; anexionado a Barcelona). Condado de Conflent (Independente desde c. 860 até c. 897; anexionado a Cerdaña). Condado de Empúries (Independente desde 812 até 1402; anexionado a Aragón). Condado de Girona (Independente desde 785 até 897; unificado co de Barcelona). Condado de Manresa (Independente no último cuarto do século IX; subordinado a Barcelona desde Vifredo o Viloso (878-897).) Condado de Osona (Subordinado sempre a Barcelona). Condado de Pallars (Independente desde 920 até 1110, divivido nesa data en dous minúsculos condados: Condado de Pallars Jussá (Idependente desde 1110 até 1192, anexionado a Barcelona en 1193). Condado de Pallars Sobirá (Independente desde 1011 até 1487; vasalo nominal de Barcelona ou Aragón). Condado de Ribagorza (Independente desde 872 a 1017; Condado do rei de Aragón e Pamplona desde 1018 até 1322, apanaxe do rei de Aragón desde 1322 até 1591). Condado do Rossellón (Independente desde 759 até 1172; anexionado a Aragón). Condado de Urgell (Independente de facto desde 815 até 1413; anexionado á Coroa de Aragón en tempos de Fernando de Antequera).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Abadal i de Vinyals, Ramon d' (1955). Catalunya carolíngia. III. Els comtats de Pallars i Ribagorça. 2 vol. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans. Abadal i de Vinyals, Ramon d'(1961). La Pre-Catalunya (segles VIII, IX, X i XI). En: F.Soldevila. Història dels catalans (vol. II). Barcelona: Ariel. Abadal i de Vinyals, Ramon d' (1962). Els primers comptes catalans Volum I. Barcelona. Edicions Vicens Vives. ISBN 978-84-3161-804-9. Abadal i de Vinyals, Ramon d' (1986): Catalunya carolíngia. Volum I. Barcelona: Edicions Vicens Vives. ISBN 84-7283-083-7. Bonnassie, P. (1979). Catalunya mil anys enrera (vol. I). Barcelona: Edicions 62. Coll i Alentorn, Miquel (1992). Història. Volum II. Barcelona: Curial Edicions Calalanes. Publicacions de l'Abadia de Montserrat. ISBN 84-7856-989-6. Deulonder i Camins, Xavier (2017). "Els comtats catalans i la monarquia de França", pp. 23–39. En: França i Catalunya. Madrid: Bubock Publishigs, S. L. ISBN 978-84-6850-400-1. Hernàndez Cardona, Francesc Xavier (2001). Història militar de Catalunya, vol. I, dels íbers als carolingis. Barcelona: Rafael Dalmau Editor. ISBN 84-2320-639-4. Lewis, Archibald Ross (1965). The Development of Southern French and Catalan Society, 718–1050. Austin: University of Texas Press, Salrach, J. M. (1993). "Bases materials de l'Estat a l'època carolíngia. L'exemple dels comtats catalans". A: Diversos autors. Iles. Jornades de Debat. El poder de l'Estat: evolució, força o raó. Reus: Edicions del Centre de Lectura.

Outros artigos Marca Hispánica Imperio carolinxio Reconquista

Ligazóns externas Històries de Catalunya: L'origen dels comtats catalans . Breu història de la Catalunya comtal Generalitat de Catalunya. Departament d'Empresa i Coneixement .

Categoría:Historia de Cataluña Categoría:Historia de Francia Categoría:Reconquista