RTS Option Musique (en galego, RTS Opción Música) é unha emisora de radio suíza en lingua francesa pertencente á cadea pública Radio Télévision Suisse (RTS). Iniciou as súas emisións en 1994. As súas emisións están baseadas en música popular francófona e contribúe activamente á promoción de compositores e intérpretes afeccionados de Suíza.

Difusión RTS Option Musique emite en Suíza a través de FM, DAB, por satélite (Hot Bird), por cable e Internet. Algúns dos seus programas proporciónanse coma un podcast.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da emisora

Categoría:Emisoras de radio de Suíza