Azazel (en ; en ) é, segundo o Libro de Enoc, un anxo caído. Na Biblia, o nome Azazel está asociado co rito da expiación; o nome representa un lugar desolado onde foi enviado un chivo expiatorio a que sufrise os pecados dos xudeus durante o Yom Kippur. Un bode era sacrificado para o Creador e outro era destinado a Azazel, sendo este último animal encamiñado para morrer no deserto levando consigo os pecados do pobo. Azazel tamén é comunmente coñecido como o responsábel do pecado da Ira entre os Sete Príncipes do Inferno (que corresponden cos sete pecados capitais). Durante o período do Segundo Templo, aparece como un anxo caído responsable de introducir ós humanos coñecementos prohibidos. O seu papel como anxo caído tamén está presente en parte das tradicións cristiá e musulmá.
dereita|250px|miniatura|Monte Azazel (Jabel Munttar) no deserto de Xudea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Azrael Gadriel Sátiro
Bibliografía
Categoría:Anxos Categoría:Personaxes do Antigo Testamento