Arrival é un filme estadounidense de drama e ciencia ficción, dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Heisserer. Con Amy Adams e Jeremy Renner nos papeis principais, baséase no premiado relato Story of Your Life de Ted Chiang. A estrea mundial foi no 1º de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Venecia.
Sinopse Cando uns extraterrestres aterran en todo o mundo, unha experta lingüista é recrutada polos militares estadounidenses para determinaren se estes veñen en paz ou supoñen unha ameaza. A medida que aprende a se comunicar cos extraterrestres comeza a experimentar certos procesos, que se converten na clave para desbloquear o maior misterio sobre o verdadeiro propósito da súa visita.
Personaxes Amy Adams como a doutora Louise Banks Jeremy Renner como Ian Donnelly Forest Whitaker como Coronel Weber Michael Stuhlbarg como Axente Halpern Tzi Ma como Xeral Shang Mark Ou'Brien como Capitán Marks Jadyn Malone como Hannah ao seis anos de idade. Abigail Pniowsky como Hannah aos oito anos de idade. Julia Scarlett Dan como Hannah aos doce anos de idade Frank Schorpion como o doutor Kettler. Lucas Chartier-Dessert como Lasky. Christian Jadah como Combs. Lucy Van Oldenbarneveld como CNAC Anchor.
Produción
miniatura|Jeremy Renner en 2014. miniatura|Forest Whitaker en 2014. Xa se planeara unha adaptación do relato Story of Your Life, a cargo de Eric Heisserer, dende novembro de 2012. A rodaxe levaríase a cabo en Montreal, Quebec, coa participación da produtora FilmNation Entertainment. O 2 de abril de 2014, Deadline.com revelou que Denis Villeneuve fora elixido para dirixir unha adaptación do filme escrito por Eric Heisserer e coproducido por FilmNation Entertainment e Lava Bear Films. Amy Adams estaba "en conversacións iniciais" para o papel principal como a Dra. Louise Banks, unha experta lingüista.
O 14 de maio de 2014, a Paramount Pictures emitiu un comunicado de prensa indicando que adquirira os dereitos de distribución en América do Norte para a adaptación do filme —titulado daquela: Story of Your Life— co lanzamento tentativo para o 2016. Tanto o director Denis Villeneuve e a actriz Amy Adams foran confirmados para o proxecto, baseado "nun novo borrador dun guion" de Eric Heisserer. Jeremy Renner uniuse á película o 6 de marzo de 2015 para interpretar un profesor de física emparellado coa personaxe de Adams, ademais de estar relacionado co goberno para axudar a se comunicar cos alieníxenas. Forest Whitaker uniuse ao filme o 1º de abril de 2015, e Michael Stuhlbarg uniuse ao elenco como axente da CIA Halpern en xuño de 2015.
Rodaxe A rodaxe comezou o 7 de xuño de 2015 en Montreal (Québec, Canadá), xusto despois de que Renner rematase a rodaxe de Captain America: Civil War.
O reino de Galicia en Arrival No primeiro acto, case ao comezo do filme, a Dra. Louise Banks na clase de Lingüística avanzada, na universidade, fala do portugués e do motivo polo que soa diferente ao resto das linguas romances. A continuación fai referencia ao reino de Galicia como orixe da súa historia.
Na versión final do guión de rodaxe o diálogo da personaxe Louise Banks contén unha liña máis, xusto despois de dicir que «a lingua era unha forma de arte» engade «O xeito no que se escribía e se falaba tiña o seu xerme na estética». Nese momento un incidente interrompe a clase: a arribada, a chegada, que dá título á película.
Premios e nomeamentos
+ PremioCategoría ReceptoresResultado Premios ÓscarMellor película Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David LindeMellor directorDenis VilleneuveMellor guión adaptadoEric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor deseño de produciónPatrice Vermette, Paul HotteMellor montaxeJoe WalkerMellor sonBernard Gariépy Strobl, Claude La HayeMellor edición de sonSylvain BellemareGlobo de OuroMellor actriz - DramaAmy Adams Mellor banda sonoraJóhann Jóhannsson Premios BAFTAMellor película Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David LindeMellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptadoEric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor música orixinalJóhann JóhannssonMellor montaxeJoe WalkerMellor sonBernard Gariépy Strobl, Claude La Haye, Sylvain BellemareMellor efectos visuaisLouis MorinAmerican Film InstituteTop 10 de películasArrival National Board of ReviewMellor actrizAmy Adams Top 10Arrival Premios da Crítica CinematográficaMellor películaArrival Mellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptadoEric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor deseño de produciónPatrice VermetteMellor músicaJóhann JóhannssonMellor montaxeJoe WalkerMellores efectos visuaisMellor película de ciencia ficción/terrorArrivalEvening Standard British Film AwardsMellor logro técnicoMax Richter (contribución á música) Círculo de Críticos de San FranciscoMellor películaArrival Mellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptado Eric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor deseño de produciónPatrice VermetteMellor músicaJóhann JóhannssonMellor montaxeJoe WalkerCrítica de Washington DC. Mellor películaArrival Mellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptado Eric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor deseño de produciónPatrice VermetteMellor músicaJóhann JóhannssonMellor montaxeJoe WalkerCrítica de San DiegoMellor guión adaptadoEric Heisserer Mellor fotografíaBradford YoungMellor deseño de produciónPatrice VermetteMellor montaxeJoe WalkerMellores efectos visuaisArrivalCrítica de St. LouisMellor películaArrival Mellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptado Eric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor músicaJóhann JóhannssonMellores efectos visuaiesMellor película de terror/ciencia ficciónArrival Hollywood Music in Media AwardsMúsica Orixinal en Película de Ciencia ficción/Fantasía Jóhann Jóhannsson Crítica de KansasMellor guión adatadoEric HeissererMellor película de Sci-fi/TerrorArrivalAustralian Academy of Cinema andTelevision Arts International AwardsMellor películaArrival Mellor director Denis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsAlianza de Mujeres Periodistas de CineMellor películaArrival Mellor director Denis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptadoEric HeissererMellor montaxeJoe WalkerMellor fotografíaBradford YoungCrítica de FloridaMellor guión adaptadoAnnette Bening Mellor fotografíaBradford YoungMellor dirección de artePatrice VermetteMellor banda sonoraJóhann JóhannssonMellores efectos visuaisCrítica de Carolina do NorteMellor películaArrival Mellor guión adaptadoEric Heisserer Mellor fotografíaBradford YoungMellores efectos visuaisOnline Film Critics SocietyMellor películaArrival Mellor directorDenis Villeneuve Mellor actrizAmy AdamsMellor fotografía Bradford YoungMellor guión adaptadoEric Heisserer, Ted ChiangMellor montaxeJoe WalkerCrítica de SeattleMellor películaArrival Mellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptado Eric HeissererMellor fotografíaBradford YoungMellor deseño de produciónPatrice VermetteMellor músicaJóhann JóhannssonMellor montaxeJoe WalkerMellores efectos visuaisLouis MorinAsociación de Críticos de Cine de AustinMellor películaArrivalMellor directorDenis VilleneuveMellor actrizAmy AdamsMellor guión adaptado Eric HeissererMellor fotografíaBradford YoungTop 10 do anoArrivalMellor músicaJóhann JóhannssonDirectores de CastingMellor casting nun drama de alto orzamentoFrancine Maisler, Lucie Robitaille Premios EddieMellor montaxe en película dramática Joe Walker Círculo de Críticos de OklahomaMellor guión adaptadoEric Heisserer Gremio de directores artísticosMellor dirección artística en película de fantasíaPatrice Vermette
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Denis Villeneuve Categoría:Filmes de FilmNation Entertainment Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes ambientados en Montana Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX