Redstone MRLV (onde MRLV é o acrónimo de Mercury-Redstone Launch Vehicle) foi o nome dun foguete suborbital derivado do mísil Redstone na súa variante Jupiter C.
Características O MRLV consistía nun mísil Redstone modificado para poder ser tripulado e levar no seu extremo unha cápsula Mercury. Entre os cambios feitos á versión do Redstone na que se basou (Jupiter C) estaban cambios na estrutura ao non ter que usar unha segunda etapa. Ademais volveue a usar alcohol como propelente orixinal xunto con osíxeno líquido en lugar de hidracina, como no Jupiter C, pola súa toxicidade. Engadiuse un tanque de nitróxeno adicional para presurizar o tanque de propelente ampliado, necesario polo menor impulso específico que proporciona o alcohol e polo tanto a necesidade de máis cantidade para obter o mesmo resultado. Engadiuse tamén un tanque adicional de peróxido de hidróxeno para alimentar a turbobomba do motor foguete. O sistema de guiado inercial simplificouse para mellorar a fiabilidade do foguete e constriuse un anel adaptador para facer de interface entre o foguete e a cápsula Mercury. Ademais usaba o modelo de motor máis recente para os foguetes Redstone, o A-7.
O foguete levou ao espazo en sendos voos suborbitais aos dous primeiros astronautas estadounidenses, Alan Shepard e Virgil I. Grissom, nas misións Mercury-Redstone 3 e Mercury-Redstone 4 respectivamente.
Historial de lanzamentos
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas MRLV-1 21 de novembro de 1960 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-1 Fallo Primeiro intento de lanzamento non tripulado. O motor apagouse 1 segundo despois de acenderse debido a un problema coa circuitería en terra. MRLV-1 21 de novembro de 1960 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-1 Fallo Primeiro intento de lanzamento non tripulado. O motor apagouse 1 segundo despois de acenderse debido a un problema coa circuitería en terra. MRLV-3 19 de decembro de 1960 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-1A Éxito Primeiro lanzamento non tripulado exitoso. MRLV-2 31 de xaneito de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-2 Éxito Lanzamento dun MRLV co chimpancé Ham a bordo, que foi recuperado san e salvo despois do voo. MRLV-5 24 de marzo de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-BD Éxito Proba do foguete cunha maqueta da cápsula Mercury. MRLV-7 5 de maio de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-3 Éxito Primeiro astronauta estadounidense (Alan Shepard) en chegar ao espazo, aínda que o voo foi suborbital e non entrou en órbita. MRLV-8 21 de xullo de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-4 Éxito Segundo astronauta estadounidense (Virgil I. Grissom) en chegar ao espazo nun voo suborbital. Último lanzamento dun MRLV.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Redstone (mísil) Mercury-Redstone 3 Mercury-Redstone 4
Categoría:Foguetes espaciais