Adelgazamento ou perda de peso, no contexto da medicina, saúde ou fitness, é unha redución da masa corporal dun individuo ou animal, por razón dunha perda media de líquidos, graxa ou de tecidos como o músculo, tendón ou tecido conxuntivo. O adelgazamento pode ser xeneralizado, é dicir, afectando a todo o organismo, ou ben localizado como no caso dunha atrofia muscular por inmobilización.Adelgazamiento (en español). Entrada a terceira idade, o corpo tende a perder de 1 a 2 kg de peso cada década.E P. BOURAS; S M. LANGE; y J S. SCOLAPIO.

Etioloxía O adelgazamento pode ser non-intencional, como no caso de enfermidades crónicas, tales como a tuberculose e certas formas de cancro — o cancro de pulmón e os do tubo dixestivo son as neoplasias malignas máis frecuentes nos pacientes que experimentan perda de peso non intencional —.Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006). Outras formas de perda non-intencional de peso inclúen trastornos que causen vómitos, diarrea, e enfermidades pobremente controladas como a diabetes e o hipertiroidismo.

Noutros casos, o adelgazamento pode ser intencional, un esforzo por parte do individuo, xeralmente centrado en dietas, para mellorar a súa saúde ou a súa aparencia. A perda de peso terapéutica, especialmente en persoas con obesidade pode diminuír o risco da aparición de enfermidades como a hipertensión arterial, cardiopatías e certas formas de cancro. As dietas excesivas ou mal controladas poden producir desnutrición, anemia, atrofia muscular, hipovitaminosis e desequilibrios electrolíticos e hídricos.miniatura|302x302px|Comparación antes (before) e despois (after).|esquerda Control de peso miniatura|255x255px|Gráfico do índice de masa corporal.Branco = Baixo peso (IMC <18,5)

Amarelo = Rango normal (IMC = 18,5-24,99)

Laranxa = Sobrepeso (IMC = 25-29,99)

Vermello = Obesidade (IMC ≥30)

O peso das persoas pode ser avaliado calculando o seu índice de masa corporal que é un método simple e amplamente usado para estimar a proporción de graxa corporal.Mei Z, Grummer-Strawn LM, Pietrobelli A, Goulding A, Goran MI, Dietz WH: «Validity of body mass index compared with other body-composition screening indexes for the assessment of body fatness in children and adolescents», artículo en la revista Am J Clin Nutr, 75: págs. 978-985; 2002. O IMC foi desenvolvido polo estatístico e antropometrista belga Adolphe Quetelet. Este é calculado dividindo o peso do suxeito (en quilogramos) polo cadrado da súa altura (en metros), por tanto é expresado en kg / m².

Os organismos gobernamentais en EUA determinan o sobrepeso e a obesidade usando o índice de masa corporal (IMC), utilizando o peso e altura para determinar a graxa corporal. Un IMC entre 25 e 29,9 é considerado sobrepeso e calquera valor sobre 30 é obesidade. Individuos cun IMC por encima de 30 incrementan o risco de perigo para a saúde.

A OMS (Organización Mundial da Saúde) establece unha definición comunmente en uso cos seguintes valores, acordados en 1997, publicados en 2000 e axustados no 2010: IMC menos de 18,5 é por baixo do peso normal. IMC de 18,5-24,9 é peso normal IMC de 25,0-29,9 é sobrepeso. IMC de 30,0-34,9 é obesidade clase I. IMC de 35,0-39,9 é obesidade clase II. IMC de 40,0 ou maior é obesidade clase III, grave (ou mórbida). IMC de 35,0 ou maior na presenza de polo menos unha ou outra morbilidad significativa é tamén clasificada por algunhas persoas como obesidade mórbida. Nun marco clínico, os médicos toman en conta a raza, a etnia, a masa magra (musculatura), idade, sexo e outros factores os cales poden infectar a interpretación do índice de masa corporal. O IMC sobreestima a graxa corporal en persoas moi musculosas e a graxa corporal pode ser subestimada en persoas que perderon masa corporal (moitos anciáns).

A obesidade leve como é definida segundo o IMC, non é un factor de risco cardiovascular e por tanto o IMC non pode ser usado como un único predictor clínico e epidemiolóxico da saúde cardiovascular.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Suicidio Obesidade Hixiene Exercicio físico Saúde Índice de masa corporal Dieta

Ligazóns externas Health benefits of losing weight By IQWiG at PubMed Health, . Weight-control Information Network, . Nutrition in cancer care By NCI at PubMed Health, . Unintentional weight loss, .

Categoría:Dietas Categoría:Nutrición Categoría:Síntomas