Afonso é un nome propio masculino galego e portugués. Provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). Adefonso é a única variante que admite a RAG, xunto cos hipocorísticos Fonso, Fon, Foncho.
En xaneiro de 2023 existían 40 varóns en Galicia co nome Afonso, cunha media de idade de 39,1 anos.Nome Afonso na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Adefonso.
Historia do nome Durante a Idade Media foi un dos nomes galegos máis comúns; como peculiaridade con respecto aos outros nomes, non admite sufixo patronímico -ez, co que o patronímico (actualmente apelido) é idéntico ao nome propio. En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente como apelido a forma castelanizada cá propia.Boullón Agrelo, A. I. / F. R. Tato Plaza (1999): Alonso e Montero: estudio antroponímico, en R. Álvarez / Dolores Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Univ. de Santiago de Compostela. Santiago, vol. I, 265-293. . Alfonso recollérono algúns dicionarios galegos de nomes como variante; como nome persoal, espallouse en Galicia a raíz da chegada a España da dinastía dos Borbóns, no século XIX, coa adaptación da forma francesa Alphonse.
Afonso noutras linguas Aragonés: Alfonso Asturiano: Alfonso / Alifonso Castelán: Alfonso / Alonso Catalán: Alfons Éuscaro: Alontso / Alfontso Francés: Alphonse Inglés: Alphonsus Italiano: Alfonso Portugués: Afonso
Personaxes Relixión Santo Afonso Rodríguez: Tamén coñecido como Alonso Rodríguez, xesuíta español. Santo Afonso Mª Liguori: misioneiro e teólogo italiano. Afonso, bispo de Ourense: do século XII.
Monarcas Afonso I, o Católico (ou tamén Alonso I de Asturias). Rei de Galicia e de Asturias (739-757). Afonso I, o Batallador. Rei de Aragón e de Navarra (1104-1134). Afonso I: de Cataluña e de Valencia -> véxase Afonso II de Aragón. Afonso I: Rei de Mallorca, Sicilia e Nápoles -> véxase Afonso V de Aragón Afonso I ou (Afonso Henriques) (1109-1185) foi o primeiro rei de Portugal; coñecido como o conquistador ou o Bravo. Afonso I, coñecido como rei do Congo -> véxase Afonso III de Aragón. Afonso I ou Mbemba-a-Nzinga. Rei do Congo, máis coñecido co sobrenome de Mbemba. Afonso II, o Groso. Rei de Portugal Afonso II, o Casto. Rei de Galicia e Asturias. Afonso II, o Casto. Rei de Aragón (1154 - 1196) Afonso II, Rei de Nápoles. Afonso II de Cataluña: -> véxase Afonso III de Aragón. Afonso II de Valencia -> véxase Afonso IV de Aragón. Afonso III: o Grande ou o Magno. Rei de Galicia, Asturias e León. Afonso III, o Liberal ou o Franco. Rei de Aragón (1265 - 1291). Afonso III de Cataluña: -> véxase Afonso IV de Aragón. Afonso III de Valencia: -> véxase Afonso V de Aragón. Afonso III, o Reformador. Rei de Portugal (1210 - 1279). Afonso IV, o Monxe. Rei de Asturias, León e Galicia (925 - 930). Afonso IV, o Bravo. Rei de Portugal. Afonso IV, o Bon ou o Benigno. Rei de Aragón e conde de Barcelona (1299 - 1336). Afonso IV de Cataluña: -> véxase Afonso V de Aragón. Afonso V, o Magnánimo, foi Afonso I de Mallorca, Sicilia e Nápoles. Afonso V, o Nobre ou O dos bos foros Rei de León e Galicia (994 - 1028). Afonso V, o Africano, Rei de Portugal (1432 - 1481). Afonso VI, Rei de Portugal (1643 - 1683). Afonso VI, o Valente. Rei de Castela, León e Galicia (1040 - 1109). Afonso VII, Rei de Galicia, Castela e León (1105 - 1157). Afonso VIII, Rei de Castela (1155 - 1214). Afonso VIII: Rei de Galicia e León (1171 - 1230) Afonso IX, Rei de León e Castela (1265 - 1291). Afonso X, o Sabio. Rei de Castela e León (1221 - 1284) Afonso XI, o Xusticeiro. Rei de Castela e León (1311 - 1350) Afonso XII, Rei de España (1857 - 1885). Afonso XIII, Rei de España (1886 - 1941). Afonso de Castela: Infante de Castela (1453 - 1468) Afonso Sanches: Infante de Portugal e trobador (1289 - 1329) Afonso Carlos: Pretendente carlista o trono de España baixo o nome de Afonso Carlos I Afonso Enríquez: Nobre e poeta castelán (1354 - 1429).
Personalidades Respéctase o nome de procedencia de orixe (castelán, galego, inglés, francés etc). Alfonso Álvarez Cáccamo: escritor galego. Alfonso Álvarez de Villasandino: poeta castelán. Afonso Lopez de Baian: trobador portugués da mediardes do século XIII. Alfonso Cabeza: cirurxián e expresidente de fútbol español. Afonso Eanes do Coton: xograr e trobador de orixe galega. Afonso Fernández Cebolhilha: trobador galaico portugués. Afonso Fernández Cubel: trobador de orixe portuguesa dos séculos XIII - XIV. Alfonso Fuentes Barragan: revolucionario mexicano. Afonso Gómez: ou Afonso Alvaro Gomez, trobador de orixes descoñecidas, crese que puidese ser de Castela. Alfonso Gayoso Frías: escritor galego. Alfonso Guerra: político español. Alfonso Hernández Catá: escritor cubano. Alfonso Lopes Vieira: poeta portugués. Afonso Lopez de Baian: trobador portugués do século XIII. Afonso Mendez de Besteiros: trobador portugués do século XIII. Afonso Páez de Braga: trobador portugués do século XIII. Alfonso Pons: coñecido co alcume de "Sito Pons", corredor español de motociclismo. Alfonso Portillo Cabrera: político de Guatemala. Alfonso Penela:arquitecto galego Alfonso Reyes: escritor mexicano. Alfonso Rodríguez Castelao (ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao): escritor e debuxante galego. Alfonso Sastre: escritor e dramaturgo español. Afonso Soarez Sarraça, ou Alonso Soarez Sança: trobador galego. Alfonso Ungria: actor español. Alfonso Valdés (ou Alfonso de Valdés): escritor español. Afonso dos Santos, pseudónimo de José Manuel Cerqueira: Cantautor portugués.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Afonso (apelido) Alonso Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns
Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos portugueses