O voo 158 de Turkish Airlines era un voo doméstico de pasaxeiros regular dende o aeroporto Yeşilköy de Istanbul ao Aeroporto Internacional Esenboğa de Ankara. O 16 de xaneiro de 1983 o avión que operaba a ruta, un Boeing 727-200, aterrou uns 50 metros antes da pista do seu aeroporto de destino no medio dunha nevada, rompeu e incendiouse. Dos seus 67 ocupantes 47 morreron.

Avión O avión, un Boeing 727-2F2 con tres motores turboventilador Pratt & Whitney JT8D-15, fora fabricado por Boeing co número de serie 21603/1389 e ralizara o seu primeiro voo no ano 1978.

Tripulación e pasaxeiros O avión levaba 7 tripulantes e 60 pasaxeiros a bordo. 47 dos pasaxeiros morreron, sobrevivindo todos os tripulantes e 13 pasaxeiros con feridas.

Notas

Turkish Airlines Turkish Airlines Turkish Airlines 0158