Vegas Altas é unha comarca situada no norte da provincia de Badaxoz, en Estremadura. O seu centro económico son as poboacións de Don Benito e Villanueva de la Serena.
Xeografía Limita ao norte coa Comarca de Trujillo, ao nordés con Las Villuercas, ao sueste con La Siberia, ao sur con La Serena e ao suroeste coa comarca Tierra de Mérida-Vegas Bajas.
A auga do río Guadiana, grazas a unha importante infraestrutura de canles e quenllas, é o recurso natural sobre o que se cimentou toda a riqueza agrícola da zona. O val fluvial do mesmo, é o elemento vertebrador da paisaxe.
O potencial económico de Don Benito xunto co de Villanueva de la Serena, centros comerciais de primeira orde en Estremadura, unido a un sector agrícola punteiro e unha posición xeográfica vantaxosa, fan das Vegas Altas do Guadiana unha das comarcas con maior dinamismo da rexión.
Concellos Acedera Cristina Don Benito Guareña La Haba Manchita Medellín Mengabril Navalvillar de Pela Orellana de la Sierra Orellana la Vieja Rena Santa Amalia Valdetorres Villanueva de la Serena Villar de Rena
Véxase tamén
Categoría:Comarcas de Estremadura