A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.

Historia A Revista Galega de Filoloxía naceu no ano 2000 na Coruña, vinculada ao Departamento de Galego-portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Ten unha periodicidade anual e desde o seu nacemento publicáronse os seguintes números:A Revista Galega de Filoloxía en DialnetA Revista Galega de Filoloxía en WordlCat

Do número 1 (ano 2000)Acceso ao volume 1 da Revista Galega de Filoloxía ao número 15 (2014) a edición foi impresa; os números 16 (2015)Acceso ao volume 16 da Revista Galega de Filoloxía e 17 (2016)Acceso ao volume 17 da Revista Galega de Filoloxía foron editados en papel e dixitalmente.

Monografías Ademais dos números da revista, desde o ano 2002 publícanse volumes monográficos vinculados a ela. Estes son os números publicados: Número Ano Título Autoría Dispoñiblena rede 1 2002 Os pronomes demostrativos Xosé Manuel Sánchez Rei Si 2 2003 O idioma galego no limiar da súa renacenza Ramón Mariño Paz Si 3 2005 Os marcadores discursivos. Conectores contrargumentativos no galego escrito Xosé Ramón Freixeiro Mato Si 4 2007 O xénero gramatical en galego Xoán Carlos Lagares Si 5 2008 Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII José António Souto Cabo Si 6 2010 O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias Xosé Manuel Sánchez Rei Si 7 2012 Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco Goretti Sanmartín Rei (editora) Si 8 2015 Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval Xoán López Viñas Non 9 2014 Lingua, texto, diacronía: estudos de lingüítica histórica Xoán López Viñas e Leticia Eirín García (editores) Non 10 2015 Novas perspetivas lingüísticas no espaço galego-português Maria Aldina Marques e Xosé Manuel Sánchez Rei (editores) Non

Características Liñas de análise As principais liñas de análise dos traballos publicados na Revista Galega de Filoloxía son a gramática, a historia da lingua, a dialectoloxía, a lexicografía, a sociolingüística, a análise do discurso, a ecdótica e a crítica textual, a pragmática, a lingüística comparada, a lingüística xeral etc. Dentro destas liñas de análise, a revista inclúe tres tipos de publicacións: artigos, notas e recensións.

Linguas Os traballos que inclúe poden estar redactados en galego, en portugués ou en inglés.

Avaliación Para seren publicados, os traballos enviados teñen que pasar previamente un proceso de revisión por pares.

Indexación A Revista Galega de Filoloxía está indexada en CARHUS Plus+ 2014A Revista Galega de Filoloxía en CARHUS Plus+ 2014, Dialnet, DICE, ERIH Plus, ISOC, Latindex, MIARA Revista Galega de Filoloxía en MIAR, REGESTA IMPERIIA Revista Galega de Filoloxía en REGESTA IMPERII e ZBDA Revista Galega de Filoloxía en ZBD.

Organigrama Equipo editorial O equipo editorial da Revista Galega de Filoloxía está composto polas seguintes persoas:Equipo editorial da Revista Galega de Filoloxía Director Subdirector Secretaria Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña) Xoán López Viñas (Universidade da Coruña) Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña)

Membros do consello de redacción Carlos Caetano Biscainho Fernandes (Universidade da Coruña) Pere Comellas Casanova (Universidade de Barcelona) Leticia Eirín García (Universidade da Coruña) Manuel Fernández Ferreiro (Universidade da Coruña) Iolanda Galanes Santos (Universidade de Vigo) Xoán Carlos Lagares (Universidade Federal Fluminense de Niterói, Brasil) Pär Larson (Istituto Opera del Vocabolario Italiano - Cnr, Italia) Sandra Pérez López (Universidade de Brasilia, Brasil) Goretti Sanmartín Rei (Universidade da Coruña) Maria Olinda Rodrigues Santana (Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro, Portugal) Xavier Varela Barreiro (Universidade de Santiago de Compostela)

Comité científico O comité científico da Revista Galega de Filoloxía está composto polas seguintes persoas: Membros do comité científico Evanildo Bechara (Universidade Federal do Rio de Janeiro) Ataliba T. de Castilho (Universidade de São Paulo) Manuel Ferreiro Fernández (Universidade da Coruña) José Luiz Fiorin (Universidade de São Paulo) Xosé Ramón Freixeiro Mato (Universidade da Coruña) Pilar García Negro (Universidade da Coruña) Xavier Gómez Guinovart (Universidade de Vigo) Maria Aldina Marques (Universidade do Minho) Ana Maria Martins (Universidade de Lisboa) Juan Carlos Moreno Cabrera (Universidade Autónoma de Madrid) Rafael Lluis Ninyoles (Conselleria de Educació i Ciéncia, Generalitat Valenciana) Andrés Pociña (Universidade de Granada) Xosé Álvaro Porto Dapena (Universidade da Coruña) José Luís Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela) Sebastiá Serrano (Universidade de Barcelona) Telmo Verdelho (Universidade de Aveiro) Mário Augusto Do Quinteiro Vilela (Universidade do Porto) Roger Wright (University of Liverpool)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da revista Páxina antiga da revista (2000-2014)

Categoría:Revistas galegas Categoría:Filoloxía Categoría:Universidade da Coruña