Itxaro Borda, nada en Baiona o 29 de marzo de 1959, é unha escritora vasca en lingua éuscara.
Traxectoria Itxaro Borda naceu en Baiona. Publicou o seu primeiro poema en 1974 na revista Herria. En 1981, participou na creación da revista vascofrancesa Maiatz, a cal facilitou a publicación do seu primeiro poemario, Bizitza nola badoan, en 1984. Ademais de poesía, escribiu novelas, artigos e ensaios. Traduciu ó éuscaro obras como Kaukausiche Kredekreis de Bertold Brecht. Tamén escribiu letras para cancións.
Amaia Ezpeldoi O personaxe máis coñecido da obra de Borda é Amaia Ezpeldoi, unha detective suletina atípica, rural, bisexual e con problemas de comunicación, que aparece por primeira vez na novela Bakean ützi arte, de 1994, e posteriormente en Bizi nizano munduan e Amorezko pena baño, ambas as dúas de 1996, formando unha primeira triloxía. Trata nestas tres obras temas suletinos, como a industria do gas ou a produción de esparto, así como a situación socioeconómica e cultural do País Vasco francés. En 2004 recuperou este personaxe en Jalgi hadi plazara, aínda que a contorna desta novela é Bilbao. En 2012 publicou unha quinta novela protagonizada po Ezpeldoi, Boga boga.
Obra Poesía Bizitza nola badoan (1984). Maiatz. Krokodil bat daukat bihotzaren ordez (1986). Susa. Just love (1988). Maiatz. Bestaldean (1991). Susa. Orain; Susa (1998). Susa. Entre les loups cruels (2001). Maiatz. Hautsak errautsak bezain (2002). Maiatz. XX. mendeko poesia kaierak - Itxaro Borda (2000). Susa. Hautsak errautsa bezain (2002). Maiatz. Noiztenka (2007). Maiatz. Ogella Line (2009). La malle d'aurore, Aturbe. La porta oberta en el cel, i aixo Kalahari of love, Itxaro Borda — Maiatz 12 (1986-decembro) Abaro (2020). Balea Zuria.
Novelas Basilika (1985). Susa. Udaran betaurreko beltzekin (1987). Ateka. Bakean ützi arte (1994). Susa. Bizi nizano munduan (1996). Susa. Amorezko pena baño (1996). Susa. %100 Basque (2002). Susa. Zeruetako Erresuma (2005). Susa. Jalgi hadi plazara (2007). Susa. Ezer gabe hobe (2009). Susa. Boga boga (2012). Susmaezinak (2019). Txalaparta. Kripton 85 (2019). Maiatz.
Premios
2002: Premio Euskadi pola súa novela 100% Basque. 2010: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.
Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Poetas en lingua éuscara Categoría:Nados en Baiona, Francia Categoría:Escritores de Francia