Nine Inch Nails (abreviado como NIN e escrito como NIИ) é unha banda de rock industrial estadounidense formada en Cleveland, Ohio en 1988 por Trent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela. No escenario, NIN adoita empregar espectaculares elementos visuais para acompañar a actuación, que frecuentemente remata cos músicos escachizando os seus instrumentos.
O público do underground recibiu calorosamente a música de Nine Inch Nails nos seus primeiros anos. Na década dos 90 a banda realizou varios influentes traballos que acadaron un certo grao de popularidade no público máis xeral, e moitos temas da banda convertéronse nun éxito nas radios. Dous dos seus discos recibiron premios Grammy, chegando a vender uns 20 millóns de discos en todo o mundo, 10'5 deles só nos Estados Unidos. No ano 1997 Reznor apareceu na lista das persoas máis influentes do ano da revista Time, e a revista Spin describiuno como "o artista máis vital na música". No 2004, a Rolling Stone colocou a Nine Inch Nails no número 94 da súa lista de 100 mellores artistas de todos os tempos. A pesar destes feitos, a banda tivo varios enfrontamentos coa parte corporativa da industria discográfica. No ano 2007 estes conflitos remataron co anuncio de Reznor de que Nine Inch Nails rompería co seu selo, Interscope Records, e editaría os seus futuros lanzamentos independentemente.
Dende 1989, Nine Inch Nails leva editados oito álbums de estudio. Os dous máis recentes, Ghosts I–IV e The Slip, ambos os dous aparecidos no 2008, foron editados baixo licenzas Creative Commons. Os dous foron lanzados dixitalmente, aparecendo as súas edicións físicas posteriormente. A edición dixital de The Slip estivo dispoñible de xeito totalmente gratuíto. NIN estivo nomeada doce veces aos Grammy e gañouno dúas veces, para os temas "Wish" e "Happiness in Slavery", nos anos 1992 e 1995 respectivamenteGrammys da categoría de rock de 1992Grammys da categoría de rock de 1995.
Historia Formación En 1987, Trent Reznor tocaba os teclados nunha banda de Cleveland chamada The Exotic Birds, xestionada por John Malm, Jr. Reznor e Malm fixéronse amigos,Huxley 1997, p. 33 e cando Reznor deixou a banda para traballar na música el só, Malm informalmente converteuse no seu manager.Reznor v. J. Artist Management, Inc. et al., 365 F. Supp. 2d 565 (S.D.N.Y. 2005). Nese tempo Reznor traballaba coma auxiliar de técnico e conserxe nos Right Track Studios, e pediulle permiso ao dono dos mesmos, Bart Koster, para gravar algunhas demos do seu material nas horas no que o estudio non se usaba e Koster accedeu. Mentres montaba eses temas, as primeiras gravacións de Nine Inch Nails, Reznor foi incapaz de atopar unha banda que articulase ese material como el desexaba. Porén, inspirado por Prince, Reznor tocou todos os instrumentos agás as baterías. Na maioría das gravación da banda segue usando ese método, aínda que en ocasións teñen gravado outros músicos con el. En 1988, despois de realizar o seu primeiro concerto como entrante de Skinny Puppy, as ambicións de Reznor para Nine Inch Nails pasaban por editar un sinxelo de 12 polgadas nun pequeno selo europeo. Varios selos responderon interesados pola demo, e Reznor asinou con TVT Records. Seleccionáronse dez temas que foron editados, despois de seren revisados, como o primeiro álbum da banda en 1989, Pretty Hate Machine.
miniatura|O logo de NIN deseñado por Trent Reznor e Gary Talpas. Reznor dixo en 1994 que elixira o nome de "Nine Inch Nails" porque era "doado de abreviar", en vez de por "un significado literal". Outras explicacións circularon, alegando que Reznor o elixiu para referenciar a crucifixión de Xesús con cravos de nove polgadas, ou as garras de nove polgadas de Freddy Krueger. O logo de Nine Inch Nails, que consiste nas letras "NIИ" dentro dun bordo, foi deseñado por Reznor e Gary Talpas. O logo apareceu xa na estrea da banda, o sinxelo "Down in It", e inspirouse na tipografía do deseñador gráfico Tibor Kalman do álbum de Talking Heads Remain in Light. Talpas, nativo de Cleveland, continuou deseñando para NIN ata 1997, facendo as portadas para os álbums Pretty Hate Machine, Broken, The Downward Spiral, Further Down the Spiral e Closure, ademais dalgún sinxelo .
Pretty Hate Machine Escrito, arranxado e interpretado por Trent Reznor, o primeiro álbum de Nine Inch Nails, Pretty Hate Machine, apareceu o 20 de outubro de 1989 a través do selo TVT Recordshttp://www.ninwiki.com/Pretty_Hate_Machine. O traballo marcou a primeira colaboración de Reznor con Adrian Sherwood (que produciu o sinxelo principal, "Down in It", en Londres sen coñecelo persoalmente) e con Mark "Flood" Ellis. A produción de Flood aparece na maioría das principais edicións de Nine Inch Nails ata o ano 1994, e Sherwood fixo remesturas para a banda ata os anos 2000. Reznor e os seus co-produtores expandiron as demos do Right Track Studio engadindo os sinxelos "Head Like a Hole" e "Sin". Após pasarse 115 semanas na lista Billboard 200Pretty Hate Machine nas listas da Billboard, Pretty Hate Machine converteríase nun dos primeiros discos independentes en conseguir a certificación de platino. A MTV emitiu os vídeos de "Down in It" e "Head Like a Hole", pero un explícito vídeo de "Sin" só sería editado en 1997 no VHS Closure.
En 1990, NIN comezou a Pretty Hate Machine Tour Series, na cal xirou por Norteamérica e foi entrante de artistas como Peter Murphy e The Jesus and Mary Chain. Nine Inch Nails embarcouse posteriormente nunha xira mundial pasando tamén pola primeira edición do Lollapalooza en 1991. Despois dunha pobre recepción en Europa como entrante de Guns N' Roses, NIN volveu aos Estados Unidos no medio de presións por parte de TVT para producir a continuación de Pretty Hate Machine. En resposta, Reznor comezou a gravar en segredo baixo varios pseudónimos para evitar as interferencias da compañía.
Broken En 1992 Nine Inch Nails editou Broken, un EP con seis cancións e dous temas extra. No libreto Reznor acreditou a banda de directo de 1991 como unha influencia no son do EP. Reznor caracterizou Broken como un "estoupido de distorsión" baseado en guitarra e "moito máis duro que Pretty Hate Machine". As cancións de Broken déronlle a NIN os seus dous premios Grammy: unha representación do primeiro sinxelo do EP "Happiness in Slavery" de Woodstock '94, e o segundo sinxelo "Wish". Reznor posteriormente bromeou dicindo que o seu epitafio debería ser: "REZNOR: Morreu. Dixo 'fist fuck', gañou un Grammy".
Peter Christopherson das bandas Coil e Throbbing Gristle dirixiu o vídeo do tema "Wish", pero a canción do EP cun vídeo máis infame foi "Happiness in Slavery". O vídeo foi prohibido en case todos lados debido ás súas imaxes onde aparecía o artista Bob Flanagan nu deitándose nunha máquina que lle dá pracer, o tortura e finalmente o mata. Un terceiro vídeo para "Pinion", que parcialmente foi incorporado para a apertura do programa da MTV Alternative Nation, amosaba un váter que lanzaba auga á boca dunha persoa vestida de bondage. Reznor e Christopherson reuniron estes tres vídeos xunto con filmacións para "Help Me I Am In Hell" e "Gave Up" nun vídeo de máis duración tamén chamado Broken. Este xira ao redor do asasinato dun mozo que é raptado e torturado mentres é obrigado a ver os vídeos. Nunca foi editado, aínda que apareceu de xeito encuberto nos círculos de venda ilegal.
Ademais gravouse un vídeo para "Gave Up" con Richard Patrick e Marilyn Manson filmado no 10050 de Cielo Drive (a casa onde foi asasinada Sharon Tate e renomeada coma "Le Pig studios" por Reznor). Tamén se filmou un directo de "Wish", e ambos vídeos aparecen no recompilatorio Closure de 1997. A Broken seguiuno o EP de remesturas Fixed a finais do ano 1992. No canto de facer unha xira de promoción do novo material, Reznor comezou a vivir e a gravar a tempo completo en "Le Pig", traballando no seu seguinte disco libre de restricións por parte do selo discográfico.
The Downward Spiral O segundo álbum de Nine Inch Nails, The Downward Spiral, foi lanzado o 8 de marzo de 1994 acadou o número 2 na lista Billboard 200, onde pasou 115 semanasThe Downward Spiral nas listas da Billboard, sendo o disco da banda máis vendido nos Estados Unidos. Influenciado polos disco de finais dos 70 Low de David Bowie e The Wall de Pink Floyd, The Downward Spiral contén un amplo abano de texturas e atmosferas para ilustraren o progreso mental do personaxe central. Flood foi novamente co-produtor en varios temas do álbum, sendo esta a súa derradeira colaboración con Nine Inch Nails. Alan Moulder, colaborador habitual de Flood, mesturou a meirande parte de The Downward Spiral, e após isto colaborou habitualmente nas futuras producións da banda. O álbum foi gravado en Le Pig Studios.
Do traballo saíron dous sinxelos, "March of the Pigs" e "Closer", que xunto a "Hurt" e "Piggy" foron difundidos polas radios aínda que destes dous últimos non houbo unha edición en sinxelo. O vídeo de "Closer" foi dirixido por Mark Romanek e apareceu frecuentemente na MTV, aínda que a canle editou bastante a versión orixinal argumentando que era demasiado gráfica. Unha versión para a radio que corta determinadas partes da letra do tema tamén puido ser escoitada na radio con asiduidade. O vídeo Closure amosa partes da xira de NIN Self Destruct, e inclúe as interpretacións en directo de "Eraser", "Hurt" e un clip de "March of the Pigs" feito para a MTV. miniatura|Trent Reznor nun concerto da xira Self-Destruct|300px As críticas sobre The Downward Spiral polo xeral foron favorables: acadando o álbum no ano 2005 o posto 25 na lista da revista Spin dos "100 mellores álbums, 1985–2005", e no 2003 o posto 200 da lista da Rolling Stone doa "500 mellores álbums de todos os tempos". Despois da súa edición, Reznor produciu un álbum de remesturas titulado Further Down the Spiral, a única edición de NIN que non saíu cun gran selo en acadar o disco de ouro nos Estados Unidos. Conta coa colaboración do músico electrónico Aphex Twin, do produtor Rick Rubin e do guitarrista de Jane's Addiction Dave Navarro entre outros.
A xira Self-Destruct para promover o álbum acadou o seu punto máis alto coa actuación no festival Woodstock '94 que foi emitida na televisión por pago e vista nuns 24 millóns de fogares. A partir dese intre Nine Inch Nails acadou un considerable éxito no mainstream, mellorando as producións e incorporando elementos visuais aos seus concertos. Nese tempo, o perfeccionismo de Reznor no estudio, as súas adicións, e un bloqueo creativo prolongaron a produción do seu seguinte traballo.
En 1997 Reznor produciu a música para a película de David Lynch Lost Highway. Do álbum tirouse o sinxelo "The Perfect Drug", sendo o vídeo do tema dirixido novamente por Mark Romanek. No ano 2004 lanzouse unha edición deluxe de The Downward Spiral.
The Fragile Pasaron cinco anos entre a aparición de The Downward Spiral e o seguinte álbum de estudio de Nine Inche Nails, The Fragile, editado como álbum dobre en setembro de 1999. Debido ao éxiro dos seus anteriores traballos, os medios de comunicación comezaron a falar de The Fragile un ano antes da súa edición. Cando o álbum foi finalmente lanzado estreouse no número 1 da lista Billboard 200The Fragile nas listas da Billboard, vendendo 228.000 copias a súa primeira semana e recibindo moi boas críticas. Porén The Fragile sairía dos 10 primeiros postos da lista só unha semana despois da súa edición, polo que Reznor tivo que pagar a seguinte xira por Norteamérica cos seus propios cartos.