Fernando Martínez Vilanova, en ocasións coñecido como Fernando Vilanova, nado o 30 de outubro de 1949 en Vilarchán (parroquia de Tourón, no concello de Ponte Caldelas), é un pintor, historiador da arte e crítico galego.
Traxectoria Estudou Belas Artes na Universidade Autónoma de Barcelona, fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Salamanca e leu a tese de doutoramento na Universidade de Vigo. Foi catedrático de debuxo no IES A Xunqueira II de Pontevedra. Crítico de arte, ten colaborado en xornais, revistas especializadas e catálogos con traballos como "As fontes artísticas de Castealo"; "Meu Pontevedra" (1986); "Luís Seoane, a arte como significado" (1994); "Arquitectura, escultura, pintura, 25 anos de creatividade" (1988); "Unha aportación peculiar ao urbanismo tradicional, San Sebastián de Covelo" (1992); "O escultor Uxío Souto" (1993); "Camilo Nogueira, escultor" (1996). Como pintor ten realizado diversas exposicións individuais e colectivas.
Obra escrita A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998). 496 páxs. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-8302-271-9. Estuda o valor da renovación da pintura galega nos anos 30. A ourivería tradicional en Galicia (2011). Deputación de Pontevedra. 174 páxs. ISBN 978-84-8457-377-7. Catalogación dos modelos de ourivería desde o XVIII ao XX en Galicia. O inverno ausente... nos corazóns galegos de Salvador de Bahia (2021). Fervenza Ed. 352 páxs. ISBN 978-84-18136-32-0. Obra de ficción baseada en feitos reais que retrata a emigración galega a Brasil.
Libros colectivos
"As fábulas de Castelao nas beiras do Lérez", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Compilación de bibliografía relativa a Fernando Martínez Vilanova 20px Pintores de Galicia (2013). TVG. Interveñen Díaz Pardo, Sobrino, Castro, López Bernárdez e Fernando Martínez Vilanova.
Categoría:Críticos da arte Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Ponte Caldelas Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona