Celia Brañas Fernández Miranda, nada na Coruña o 20 de maio de 1880 e finada na mesma cidade o 12 de xuño de 1948,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-6-1948, p. 5. foi unha profesora e científica galega. É considerada unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.
Traxectoria Foi filla de Consuelo Fernández Miranda e do periodista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas Sánchez-Boado. Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na Escola Normal da Coruña. En 1911 converteuse en profesora titular e foi directora da escola en varias ocasións ata a súa xubilación en 1946.Unha ducia de... mulleres científicas galegas, en Praza Pública.
En 1919 participou como poñente no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña, no que defendeu o tema da importancia que para a rexión galega tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña e os medios prácticos para establecela. Un ano máis tarde logrou que o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña. Este curso foi o precursor da creación en 1932 da estación biolóxica de Marín.
Vida persoal Foi irmá do tamén científico Gonzalo Brañas Fernández.
Recoñecementos
A Real Academia Galega de Ciencias concede dende 2016 o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas La labor precursora de Celia Brañas Fernández en la incorporación de la mujer a la cultura científica . Consultada o 06-03-2018. Xosé A. Fraga: Unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica na Coruña La Opinión. A Coruña. 08-11-2015. Consultada o 06-03-2018.
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1948