Jan van Wintelroy (coñecido tamén como Joannes Wintelroy), activo no período entre 1520 e 1576, foi un compositor dos Países Baixos borgoñóns, da época do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga.

Traxectoria Desde 1529, Jan van Wintelroy foi cantante, e sacerdote da Ilustre Confraría de Notre-Dame (""), en 's-hertogenbosch (Ppaíses Baixos). O 19 de xullo de 1551 foi nomeado mestre de capela, posto que ocupou ata o 30 de xuño de 1574. A partir desta data seguiu a ter a súa sede na capela da irmandade como .

Obra ("Aínda que o tempo sexa sombrío"), unha canción en lingua neerlandesa (ou flamenga) a catro voces de Wintelroy, foi incluída nunha antoloxía que o editor Jacob Baethen publicou en Maastricht en 1554, titulada ("O primeiro libro de novas cancións neerlandesas"), do que non se conserva copia completa ningunha (falta a parte da soprano). A canción foi inserida no , unha nova antoloxía de cancións en neerlandés, publicada por Petrus Phalesius en Lovaina, en 1572.

Véxase tamén

Bibliografía Bonda, Jan Willem. De meerstemmige Nederlandse liederen van de vijftiende en zestiende eeuw, Hilversum, Verloren, de 1996. [ISBN 90-6550-545-8] (En neerlandés) Vente, Maarten Albert. "De Illustre Lieve Vrouwe Broederschap te `s-Hertogenbosch 1541-1620. II". En . Volume 19 Fascículos 3 e 4. 1962-1963. Páxinas 163-172. (En neerlandés)

Categoría:Compositores dos Países Baixos Categoría:Compositores franco-flamengos Categoría:Sacerdotes católicos dos Países Baixos Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina