José Francisco Molina Jiménez, nado en Valencia o 8 de agosto de 1970, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Actualmente adestra a selección de Honduras.

Traxectoria Empezou xogando no Unión Deportiva Alzira onde atraeu a atención dos observadores do Valencia. Tras un par de tempadas nas categorías inferiores foi cedido ao Villarreal Club de Fútbol. En 1994 foi traspasado ao Albacete, co que debutou en Primeira División. Tras unha irregular tempada foi fichado polo Atlético de Madrid co que gañou a Liga, a Copa do Rei e o Trofeo Zamora na primeira tempada.

No Atlético permaneceu 5 tempada ata que o club descendeu a Segunda División. No ano 2000 foi vendido ao Deportivo da Coruña, co que gañou unha Copa do Rei e dous Supercopas.

O 15 de outubro de 2002 anunciou que padecía un cancro de testículo, o cal lle obrigou a retirarse indefinidamente do deporte. Tras pasar por varias sesións de quimioterapia conseguiu superar a enfermidade, anunciando a súa recuperación en xaneiro de 2003.

No 2006 fichou polo Levante UD. No comezo da tempada 2006/07 estivo no banco do equipo levantino, feito que só durou 4 partidos, tras os cales se gañou a titularidade indiscutible até o final da tempada. No verán de 2007 retirouse. O seu último partido foi contra o Athletic Club de Bilbao onde tivo unha actuación maxistral na primeira metade reafirmándose na negativa a ceder ante a presión dos seus compañeiros para que o Levante UD deixárase perder o partido e o Athletic Club de Bilbao permanecese un ano máis en Primeira División en detrimento do Celta de Vigo. Ao final perdeu por 2-0 e o partido amañado levouse a cabo. Este feito está a ser investigado na actualidade.

Como adestrador O 18 de marzo de 2012 foi destituído como adestrador do Villarreal CF, debido aos malos resultados."El Villarreal destituye a Molina"

Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 9 ocasións. O seu debut como internacional se produciu o 24 de abril de 1996 no partido Noruega 0:0 España. Curiosamente non debutou como porteiro xa que era un amigable e cos cambios de xogadores de campo esgotados lesionouse un xogador polo que tivo que saír ocupando a posición de interior zurdo. Disparou unha vez a porta e o balón saíu fóra a escasos centímetros da portaría.

Participou coa Selección española na Copa Mundial de Fútbol de Francia de 1998 como porteiro suplente, aínda que non chegou a xogar ningún minuto, tamén disputaría a Eurocopa de 2000 na que tras unha desafortunada actuación no partido inaugural contra Noruega non volvería vestir a camiseta da selección.

Palmarés

Xogador Atlético de Madrid Liga de España: 1995–96 Copa do Rei: 1995–96

Deportivo da Coruña Copa do Rei: 2001–02 Supercopa de España: 2000, 2002

Individual Trofeo Zamora: 1995–96

Adestrador Kitchee

Premier League de Hong Kong (1): 2014/15. Copa FA de Hong Kong (1): 2014/15. Copa da Liga de Hong Kong (1): 2014/15.

Atlético Kolkata

Superliga da India (1): 2016.

Mohun Bagan

Superliga da India (1): 2024/25. IFA Shield (1): 2025.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdutbol.com Datos do xogador en futbol.sportec.es

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do UD Alzira Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Gañadores do Trofeo Zamora Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Villarreal CF B Categoría:Adestradores do Villarreal CF Categoría:Adestradores do Kitchee SC