Dygra Films foi un estudio de animación por computadora e multimedia galego, activo entre 1987 e 2012. Dygra Films centraba os seus esforzos en dúas liñas de negocio: produtos de produción propia e servizos a clientes. Traxectoria Foi fundado na Coruña en 1987 como un estudio de deseño gráfico. Apostou pola creación dun estudio asociado á innovación tecnolóxica e creativa. En 1991 crearon os primeiros interactivos táctiles. Desenvolveron en 1995 as primeiras webs de Unión Fenosa e TVG, e en 1996 crearon un dos primeiros simuladores de xogo, Bicho. Crearon o prototipo “Santi” (percusor do Googlemaps), a primeira película 3D animada en Europa, O bosque animado (2001), o primeiro anuncio en Dixital 3D estereoscópico na historia da publicidade española, (Campaña Movistar 2008-2009) e a primeira película animada en Dixital 3D en España (Holy night! estreada no Nadal do 2010).

En xaneiro de 2012 anunciouse o peche da empresa tras diversos problemas como o non pagar en 7 meses a todos os seus traballadores e non recibir diñeiro por parte da Xunta de Galicia e as televisións."La animación en Galicia pierde fuelle", artigo en Faro de Vigo, 29 de xaneiro de 20102 .

Longametraxes O bosque animado - 3 de agosto, 2001 O soño dunha noite de San Xoan - 1 de xullo, 2005 orzamento 4.860.669 €, recadación 795.204,70 € España (1,5 millóns € nivel mundial) O espírito do bosque - secuela da película O bosque animado - 12 de setembro, 2008 Noite de paz? - novembro 2010Ficha en IMDb

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Manolo Gómez, Director de Dygra Films explicando:Que é o Dixital 3D? Canle Dygra Films (curtametraxe)

Categoría:Produtoras de cinema de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes