A Revolución de Maio foi unha serie de acontecementos revolucionarios ocorridos en maio de 1810 na cidade de Buenos Aires, capital do Vicerreinado do Río da Prata, dependente do rei de España, e que tiveron como consecuencia a destitución do vicerrei Baltasar Hidalgo de Cisneros e a súa substitución pola Primeira Xunta de goberno.

Os incidentes da Revolución de Maio sucederon durante o transcurso da chamada Semana de MaioBethell, p. 101, entre o 18 de maio, data da confirmación oficial da caída da Xunta Suprema Central, e o 25 de maio, data de asunción da Primeira Xunta.

A Revolución de Maio foi unha reacción directa á guerra da Independencia española. En 1808, o rei Fernando VII abdicou en favor de Napoleón, que concedeu o trono ao seu irmán, Xosé Bonaparte. A Xunta Suprema Central impuxo resistencia ao goberno de Xosé e á ocupación francesa en España, mais acabou sufrindo unha serie de reveses que derivaron na perda española da metade norte do país. O 1 de febreiro de 1810, tropas francesas ocuparon Sevilla e tomaron o control de case toda Andalucía. A Xunta Suprema recuou para Cádiz e disolveuse e o Consello de Rexencia de España e Indias substituíuno. O 18 de maio chegaron a Buenos Aires noticias dos acontecementos grazas a navíos británicos.

O vicerrei Cisneros tentou manter o statu quo político, pero un grupo de avogados crioulos e militares organizaron un cabido aberto (unha reunión especial de notables da cidade) o 22 de maio para decidir o futuro do vicerreinado. Os delegados negaron o recoñecemento ao Consello de Rexencia en España e estabeleceron unha xunta para gobernar no lugar de Cisneros, xa que o goberno que o nomeara vicerrei xa non existía. Para manter un sentido de continuidade, Cisneros foi inicialmente nomeado presidente da Xunta. Con todo, isto causou moita axitación popular, polo que renunciou baixo presión o 25 de maio. O recentemente formado goberno, a Primeira Xunta, incluíu só representantes de Buenos Aires e invitou a outras cidades do vicerreinado a enviar delegados para unirse a eles. Isto deu lugar ao estalido da guerra entre as rexións que aceptaron o resultado dos eventos en Buenos Aires e as que non o fixeron.

Coa Revolución de Maio deu comezo a guerra da Independencia da Arxentina, aínda que non fora emitida ningunha declaración formal de independencia no momento e a Primeira Xunta continuou a gobernar en nome do rei deposto polas Abdicacións de Baiona, Fernando VII. Como acontecementos moi similares sucederon en moitas outras cidades do continente, a Revolución de Maio tamén é considerada como un dos primeiros fitos das guerras de independencia hispanoamericanas. Na actualidade, os historiadores debaten sobre se os revolucionarios eran verdadeiramente leais á coroa española ou se a declaración de fidelidade ao rei foi unha artimaña para ocultar o verdadeiro obxectivo—de alcanzar a independencia— dunha poboación que aínda non estaba preparada para aceptar un cambio tan radical. A declaración formal de independencia da Arxentina tivo lugar seis anos despois durante o Congreso de Tucumán o 9 de xullo de 1816.

Causas

Causas externas miniatura|300px|A declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776 inspirou movementos similares nas colonias españolas en América. Óleo de John Trumbull (1819). miniatura|A coroación en España de Xosé Bonaparte sementou dúbidas sobre a lexitimidade da autoridade do vicerreinado. Retrato de François Gérard (cara a 1808). A declaración de independencia dos Estados Unidos de Gran Bretaña en 1776 fíxolles crer aos crioulos (españois nados nas Américas) que a revolución e independencia de España poderían ser viables.Abad de Santillán, p. 387Moses, pp. 36–37 Entre 1775 e 1783, os patriotas americanos das trece colonias loitaron na Guerra Revolucionaria Americana contra o reino local de Gran Bretaña, estabelecendo eventualmente un goberno popular en lugar da monarquía británica. O feito de que España axudara as colonias na súa loita contra Gran Bretaña enfraqueceu a idea de que rematar coa súa lealdade ao Estado pai sería un crime.Moses, p. 35

Os ideais da Revolución Francesa de 1789 estendéronse por toda Europa e as Américas.Abad de Santillán, pp. 385–386 O derrocamento e a execución do rei Lois XVI e da raíña María Antonieta acabou con séculos de monarquía e eliminou os privilexios da nobreza. As ideas liberais nos ámbitos da política e da economía desenvolvéronse e espalláronse a través das Revolucións do Atlántico na maior parte do mundo occidental. O concepto do dereito divino dos reis foi cuestionado pola Declaración Francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán, polo artigo moi citado de que "todos os homes son creados iguais", na Declaración de Independencia dos Estados Unidos e mesmo pola igrexa española.

Con todo, a propagación de tales ideas estaba prohibida no territorio español, como o estaba a venda de libros relacionados ou a súa posesión non autorizada.Johnson, p. 155 España puxo en práctica esas prohibicións cando declarou a guerra a Francia despois da execución de Lois XVI e mantívoas despois do tratado de paz de 1796. Moitas novas dos acontecementos de 1789 e copias das publicacións da Revolución Francesa estendéronse por toda España a pesar dos esforzos para mantelas afastadas.Abad de Santillán, p. 386 Moitos crioulos esclarecidos entraron en contacto con autores liberais e as súas obras durante os seus estudos na universidade, xa sexa en Europa ou na Universidade de Chuquisaca (actual Sucre).Moses, p. 29 Bastantes libros procedentes dos Estados Unidos atoparon o seu camiño cara ás colonias españolas por Caracas, debido á proximidade de Venezuela aos Estados Unidos e as Indias Ociddentais.Moses, p. 34

A Revolución Industrial comezou en Gran Bretaña, co uso de canles e enerxía a vapor. Isto levou a un grande aumento nas capacidades produtivas de Gran Bretaña,Mantoux, p. 25 e creou a necesidade de novos mercados para vender os seus produtos.Abad de Santillán, p. 390 As guerras napoleónicas con Francia fixeron desta unha tarefa ben complicada, despois de que Napoleón impuxese o Sistema Continental, que prohibiu aos seus aliados e conquistadores comerciar con Gran Bretaña. Así, Gran Bretaña precisaba ser capaz de negociar coas colonias españolas, pero non puido porque estas estaban restrinxidas a comerciar só co seu Estado pai.Kaufmann, p.8 Para acadar os seus obxectivos económicos, Gran Bretaña inicialmente tentou invadir o Río da Prata e conquistar cidades clave na América española.Abad de Santillán, p. 391–392 Cando isto fallou, escolleron promover as aspiracións hispanoamericanas de emancipación de España.Luna, ...Manuel Belgrano, p. 28

O motín de Aranjuez en 1808 levou o rei Carlos IV de España a abdicar en favor do seu fillo, Fernando VII.Fremont-Barnes, p. 29 Carlos IV solicitou que Napoleón lle devolvese ao trono; en vez diso, Napoleón coroou o seu propio irmán, Xosé Bonaparte, como o novo rei de España.Shumway, p. 19 Estes acontecementos coñécense como as Abdicacións de Baiona. A coroación de Xosé, que foi recibida con moita resistencia por parte de España, comezou a Guerra Peninsular, e a Xunta Suprema Central tomou o poder en nome do rei ausente.Abad de Santillán, pp. 388–390 Isto tamén levou a España a cambiar as súas alianzas de Francia a Gran Bretaña. Francia, finalmente, invadiu Sevilla, e o Consello de Rexencia de Cádiz substituíu a disolta Xunta Suprema Central.

Causas internas miniatura|O rei Fernando VII de España. Retrato de Francisco Goya (1815).España prohibiu ás súas colonias americanas comerciar con outras nacións ou colonias estranxeiras, e impúxose como o único comprador e provedor para o seu comercio internacional.Luna, Independencia..., p. 28 Esta situación prexudicou ao vicerreinado, xa que a economía española non era o suficientemente poderosa como para producir a enorme oferta de produtos que as numerosas colonias precisaban. Isto causou unha escaseza económica e unha recesión.Bethell, p. 1 As rutas do comercio español favoreceron os portos de México e Lima, en detrimento de Buenos Aires.Shumway, pp. 8–9 Como resultado, Buenos Aires conseguía clandestinamente aqueles produtos que non podían ser obtidos de forma lexítima.Shumway, p. 9 A maioría das autoridades locais permitiron este contrabando como un mal menor, a pesar de que era ilegal, e, en ocasións, igualou o volume do comercio legal con España.Abad de Santillán, p. 391 Dúas faccións antagónicas xurdiron: os latifundistas que querían libre comercio para poder vender os seus produtos no exterior, mentres que os comerciantes, que se beneficiaban dos prezos altos das importacións contrabandistas, se opoñían ao libre comercio porque os prezos descenderían.Shumway, p. 15miniatura|A coroación de Carlota Xoaquina de Borbón foi unha alternativa á Revolución de Maio brevemente considerada. A monarquía española nomeou aos seus propios candidatos para a maioría dos cargos políticos no vicerreinado, xeralmente favorecendo aos españois en Europa.Shumway, p. 3 Na maioría dos casos, os nomeados tiñan pouco coñecemento ou interese en cuestións locais. Consecuentemente, houbo unha rivalidade crecente entre crioulos e peninsulares (aqueles nados en España). A maioría dos crioulos pensaban que os peninsulares tiveran vantaxes inmerecidas e recibiran tratamentos privilexiados na política e na sociedade. O baixo clero tiña un sentimento similar sobre os altos cargos da xerarquía relixiosa. Os acontecementos desenvolvéronse a un ritmo máis baixo que no movemento independentista dos Estados Unidos.Moses, p. 4 Isto foi en parte porque o clero controlaba o sistema educativo por completo na América española, o que levou á poboación a manter as mesmas ideas conservadoras e a seguir os mesmos costumes como en España.

Buenos Aires e Montevideo resistiron xeitosamente a dúas invasións británicas. En 1806, un exército británico pequeno liderado por William Carr Beresford conquistou Buenos Aires por un breve tempo; un exército de Montevideo liderado por Santiago de Liniers liberou a cidade.Shumway, p. 17 O ano seguinte, un exército maior conquistou Montevideo, pero foi esmagado polas forzas de Buenos Aires; os invasores capitularon e volveron a Montevideo ao vicerreinado. Non houbo axuda de España durante ningunha das invasións.Luna, ...Cornelio Saavedra, pp. 78–79 Liniers organizou ás milicias crioulas durante os preparativos para a segunda invasión, a pesar da prohibición que recaía neles naquel momento.Brown, p. 257Abad de Santillán, p. 376Johnson, p. 264 O Rexemento de Patricios, liderado por Cornelio Saavedra, foi o exército crioulo máis grande. Estes acontecementos deron aos crioulos poder militar e influencia política que antes non tiñan e, xa que a vitoria fora conseguida sen axuda de España, incrementouse a confianza crioula nas súas capacidades independentistas.Bethell, p. 94