Agnes Ibbetson, nada en Londres en 1757 e finada en Exmouth en 1823, foi unha fisióloga vexetal inglesa.
Traxectoria Naceu en Londres en 1757 e foi filla de Andrew Thomson Esq. de Roehampton, un mercador da cidade.
En 1783 casou en Bushey, Hertfordshire con James Ibbetson, fillo máis vello do reverendo James Ibbetson D.D., reitor e arquidiácono de St. Albans.
O seu marido James foi un avogado e anticuario afeccionado ao que o Lincoln's Inn admitiu en 1771 e que faleceu en 1790 aos 35 anos, deixando viúva a Agnes.
Despois do falecemento de James, Agnes mudouse a Devon onde viviu o resto da súa vida. Faleceu en febreiro de 1823 en Exmouth ós 66 anos. O seu sobriño foi Charles Poulett Thomson, un político que se converteu no primeiro gobernador do Canadá.
Traballo miniatura|Cyclopia meyeriana do xénero Cyclopia, antes chamado Ibbetsonia. A pesar do seu illamento da comunidade científica da época, Ibbetson comezou a publicar a súa fisioloxía das plantas aos 50 anos. O seu traballo baseouse principalmente na observación e experimentación. Ibbetson usou unha gran gama de microscopios, disección de plantas, e outras tecnoloxías para realizar os seus estudos, e creu que as funcións das plantas posuían explicacións mecánicas. Entre 1809 e 1822, Ibbetson contribuíu con máis de 50 publicacións a Nicholson's Journal e Philosophical Magazine acerca da estrutura microscópica e fisioloxía das plantas. No departamento de botánica do Museo Británico presérvanse algúns espécimes do bosque e algunhas placas microscópicas que preparou, con descricións manuscritas que representan vinte e catro anos de traballo e pon de manifesto a súa crenza errónea de que os brotes se orixinan endoxenamente e forzan o seu camiño cara a fóra.
Legado O xénero Ibbetsonia foi dedicado por John Sims na súa memoria, pero agora é considerado idéntico ao xénero Cyclopia de Ventenat.
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1757 Categoría:Finados en 1823 Categoría:Personalidades da fisioloxía