Ascalón (en , Ashkelon; en Asqalun) é unha cidade de Israel, situada a 56 km ao sur de Tel Aviv e a 73 km ao suroeste de Xerusalén. Atópase á beira do mar Mediterráneo e preto do deserto do Néguev. A cidade goza dun clima especialmente agradable, tanto fresco como seco. Os días chuviosos son raros e posúe unha das praias de areas máis finas do país, así como innumerables lugares de entretemento. Mencionada na Estela de Merenptah, floreceu baixo o réxime de gregos e romanos. Herodes agrandou e embeleceu en gran medida a cidade, a cal se cre que foi o seu lugar de nacemento. Plinio o vello fala no seu tempo dela como cidade libre.Plinio el viejo Historia Natural libro V -68.
Algúns xudeus permaneceron en Ascalón cando esta se converteu nunha cidade cristiá baixo o réxime bizantino. Tomada polos musulmáns en 638, estaba tan ben fortificada e defendida que os cruzados non puideron conquistala ata 1153, cando aínda quedaba unha pequena comunidade xudía no lugar. Destruída completamente no 1270 polo sultán Baibars, estivo abandonada durante séculos e ficou esquecida a súa localización. A cidade foi buscada sen éxito pola exploradora británica Hester Stanhope en 1830.
A vila árabe de al-Majdal ou al-Majdal Asqalan (; ), foi establecida a uns poucos quilómetros cara ao interior da cidade histórica do século XV, baixo goberno otomán. En 1920 pasou a formar parte do Mandato británico de Palestina. Al-Majdal tiña unha poboación de 10.000 habitantes antes da guerra árabe-israelí de 1948, e en outubro de 1948 a cidade acollía a centos de refuxiados das localidades veciñas. Al-Majdal serviu de posto avanzado para as forzas exipcias asentadas en Gaza. Finalmente foi conquistada polas forzas israelís o 5 de novembro de 1948, e para entón a maioría da poboación árabe xa abandonara a cidade,B. Morris, The transfer of Al Majdal's remaining Palestinians to Gaza, 1950, in 1948 and After; Israel and the Palestinians. deixando só 2 700 habitantes, dos cales 500 foron deportados polas tropas de Israel en decembro dese ano. A cidade pasou a coñecerse como Migdal Gaza, Migdal Gaz e Migdal Ashkelon polos novos habitantes xudeus.
En 1953 o asentamento veciño de Afridar quedou incorporado e readaptouse o nome Ascalón para a cidade. En 1961 Ascalón foi situada no posto 16 entre os centros urbanos de Israel, cunha poboación de 24.000 habitantes. En 2016 a súa poboación era de 130.660 habitantes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Primeiro asedio de Ascalón Segundo asedio de Ascalón Ligazóns externas Concello de Ascalón "Ashkelon, ancient city of the sea", National Geographic'', Xaneiro de 2001 Antigo Ascalón —Universidade de Chicago Imaxes de Ascalón
Categoría:Cidades de Israel