Phaeothamniophyceae é unha clase de algas douradas-amarronadas dos heterocontófitos.
Estes protistas aparecen como cocoides, capsoides, formando pseudofilamentos ou filamentos e son propios de augas doces ou salobre.Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770.
A súa parece celular adoita ser laminada e con vesículas densas en electróns pegadas a ela desde o interior. Teñen mitocondrias con cristas tubulares e cloroplastos con, ás veces, microcompartimentos chamados pirenoides. Cada célula ten dúas membranas de retículos endoplasmáticos de cloroplastos. Con iso, a membrana do cloroplasto é continua coa membrana exterior da membrana nucleolar. Os cloroplastos teñen lamelas estreitas. O DNA do cloroplasto aparece en forma de anel. Cada célula adoita ter entre 2 e 4 plastidios. Nas células con capacidade motil, uns flaxelos plumosos saen dos laterais e un flaxelo, liso pero con filamentos laterais, sae da parte apical. Almacenan, entre outros, lípidos en vacúolos contráctiles.
Os pigmentos da fotosíntese que presentan son as clorofilas a e c, a fucoxantina, heteroxantina, diadinoxantina e o β-caroteno.
Descoñécese se se reproducen de xeito sexual. A súa reprodución asexual consiste na división celular, na formación de autosporas non móbiles ou na formación de zoospora con dous flaxelos. Cando se dá a división celular prodúcese por eleuteroscise, isto é, a escisión da parede da célula parental tras unha separación. As zoosporas teñen flaxelos laterais, igualmente.
Os Phaeothamniophyceae están preto das xantofítas e feófitos. Clasificáronse dentro da mesma clase ata o 1998.
Clasificación Clase Phaeothamniophyceae Andersen & Bailey 1998 Orde Aurearenales Kai et al. 2008 Familia Aurearenaceae Kai et al. 2008 Xénero Aurearena Kai et al. 2008 Orde Phaeothamniales Bourrelly 1954 emend. Andersen & Bailey 1998 Familia Phaeosaccionaceae Xénero Phaeosaccion Farlow 1882 Familia Phaeothamniaceae Hansgirg 1886 [Stichogloeaceae Lemmermann 1899; Chrysapiaceae] Xénero Apistonema Pascher 1925 Xénero Chrysapion Pascher & Vlk 1943 Xénero Chrysocapsopsis Thompson & Wujek 1998 Xénero Chrysoclonium Pascher 1925 Xénero Chrysodesmis Starmach 1970 Xénero Chrysodictyon Ramanathan 1947 Xénero Koinopodion Pascher 1943 Xénero Nematochrysis Pascher 1925 Xénero Phaeogloea Chodat 1922 Xénero Phaeoschizochlamys Lemmermann 1898 Xénero Phaeothamnion Lagerheim 1884 Xénero Podochrysis Magne 1975 Xénero Selenophaea Chodat 1922 Xénero Sphaeridiothrix Pascher & Vlk 1943 Xénero Stichogloea Chodat 1897 Xénero Tetrachrysis Dop 1980
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ligazóns externas Phaeothamniophyceae en Algaebase Phaeothamniophyceae en WoRMS
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas Categoría:Algas