Reine Wisell nado en Motala, o 30 de setembro de 1941 e finado en Tailandia o 20 de marzo de 2022, foi un piloto de carreiras de Suecia.

Traxectoria Participou en 23 Grandes Premios do Campionato do Mundo, debutou o 4 de outubro de 1970. Logrou un podio e anotou un total de 13 puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato de Fórmula Un. Gañou o campionato sueco da Fórmula 3 en 1967 e tres anos máis adiante deu o gran paso e asinou co equipo Lotus que era o mellor equipo ese ano.

Debutou no Gran Premio dos Estados Unidos de 1970 en Watkins Glen, Wisell correu para Lotus que retornaba ao campionato logo da morte de Jochen Rindt no Gran Premio de Italia de 1970 en Monza. A morte de Rindt fixo que o seu compañeiro John Miles se retirase e Wisell substituíuno. O seu primeiro gran premio foi o mellor da súa carreira xa que logrou un terceiro lugar, só por detrás do seu compañeiro de equipo e futuro campión Emerson Fittipaldi e Pedro Rodríguez e terminando por diante do aspirante ao título Jacky Ickx. Este resultado foi o mellor de Wisell, xa que os anos seguintes non foron tan bos, e retirouse logo do gran premio en casa en .

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Gold Leaf Team Lotus Lotus 72C Cosworth V8 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA3 MEXNC 16º 4 Gold Leaf Team Lotus Lotus 72CCosworth V8 RSA4 ESPNC MONRet 12º9 Lotus 72D NEDDSC FRA6 ALE8 AUT4 ITA CAN5 USARet Lotus 56B Pratt & Whitney Turbina GBRNC Marlboro BRM BRM P153 BRM V12 ARXRetNC0 BRM P160B RSA ESPRet MONRet BEL FRARet GBR BRM P160C ALERet AUT ITA 12 John Player Team Lotus Lotus 72D Cosworth V8 CANRet USA10 Team Pierre Robert March 731 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWENTSNC0 Clarke-Mordaunt- Guthrie-Durlacher March 721G/731 FRARet GBR NED ALE AUT ITA CAN USA March Engineering March 741 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWERet NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at grandprix.com

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suecia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de March Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados no condado de Östergötland