Piero Carini nado en Xénova o 6 de marzo de 1921 e finado en Saint-Étienne, Francia o 30 de maio de 1957 foi un piloto de carreiras de Italia.
Andaina nas carreiras
Carini terminou terceiro no Gran Premio de Modena de 1950, que se disputou ese ano coas regras da Fórmula 2, pilotando un OSCA. Con todo, o coche resultou pouco fiable en , pero logrou o suficiente como para ser invitado pola Scuderia Marzotto en , para conducir os seus Ferrari de Gran Premio e deportivos. Malia competir soamente en dous Grandes Premios (debutou o 6 de xullo de 1952), Carini fixo o bastante ben como para asinar polo equipo oficial de Ferrari para , efectivamente como un piloto "junior" xunto a Umberto Maglioli. Pero só competiu no Gran Premio de Italia de 1953, e ao final da tempada trasladouse a Alfa Romeo, para conducir en 1954 os seus coches de turismo Tlogrando vitorias na súa clase na Mille Miglia, o Tour de Sicilia e a Copa Dolomita.
En 1955 Carini pilotou un Ferrari logrando vitorias de clase en Dakar e Caracas, Venezuela, e cun O.S.C.A. unha vitoria de clase na Targa Florio.
En 1957, pilotando nunha carreira de coches deportivos, preto de Saint-Étienne, Francia, cun Ferrari Testa Rossa, o coche de Carini cruzou a mediana central e chocou con outro competidor morrendo instantaneamente.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Scuderia Marzotto Ferrari 166 Ferrari V12 SUI 500 BEL FRARet GBR ALERet NED ITA NC 0 Scuderia Ferrari Ferrari 553 Ferrari V12 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITARet NC 0
Notas
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Spa Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Nados en Xénova