Anton "Toni" Ulmen nado en Düsseldorf, Alemaña o 25 de xaneiro de 1906 e finado tamén en Düsseldorf, o 4 de novembro de 1976, foi un corredor de motos e piloto de carreiras alemán. A súa andaina comezou en 1925 nunha Velocette de 250 cc. En 1927 gañou a carreira de abertura de Nürburgring nunha Velocette 350cc. En 1929 gañou na clase de 350 cc en Eilenriede, un circuíto de carreiras non permanente preto de Hannover. De 1949 a 1952, foi catro veces campión alemán de coches deportivos e de Fórmula 2.
Traballador, home de negocios e corredor
Logo de saír da escola, Ulmen foi aprendiz de mecánico na Motorradwerkstatt Hasenclever. Cando terminou alí, fundou Gebrüder Ulmen, co seu irmán Andreas. Converténdose nos representantes de Opel para Düsseldorf.
Foi en 1925 que Ulmen comezou a súa andaina nos deportes de motor, no Großen Deutschland-Rundfahrt nunha motocicleta Velocette de 250cc. Dous anos máis tarde montado nunha Velocette de 350 cc gañou o primeiro Eifelrennen, para lograr o Deutsche Tourist-Trophäe, a carreira inaugural disputada en Nürburgring. En 1929, gañou outra importante carreira alemá, a carreira de 350cc de Eilenridederennens en Hanover. En 1930, Ulmen era piloto oficial de NSU.
Logo da guerra
Logo da guerra, volveu ás carreiras de coches, logrando un segundo lugar na súa primeira carreira deportiva importante, a Karlsruhe-Durlach, nun BMW 328. Un ano máis tarde, en 1947 foi galardoado co título de mellor piloto de autos deportivos alemáns do ano.
A tempada de 1949 viu a Ulmen gañar nove carreiras, incluíndo a Solituderennen e a DMV Grenzlandringrennen. Gañou carreiras en München, Nürburgring, Sachsenring e Kölner Kurs. Tamén rexistrou sete segundos postos nesa tempada. En disputouse o primeiro Großer Preis von Deutschland logo da segunda guerra mundial, en Nürburgring, unha carreira de Fórmula 2 onde terminou cuarto no seu Veritas RS. Neste coche, tamén logrou un asombroso terceiro lugar no Preis der Ostechweiz-Erlen En Suíza, vencérono só os pilotos da Scuderia Ferrari Luigi Villoresi e Roberto Vallone. Antes de 1950, había unha prohibición de participación dos coches e pilotos alemáns en carreiras estranxeiras, logo da guerra. Retivo o seu título de campión alemán, gañouno por primeira vez en 1949.
Con vitorias en Hockenheim,]</ref> a subida a Schluinsland, e Grenzlandring, Ulmen foi o claro campión na clase 2-litros Sports Car. Participou en dous Grandes Premios do campionato do mundo de , debotou o 18 de maio de 1952, no Großer Pries der Schweiz, pero retirouse debido a problemas no tanque de combustible. Volveu no Großer Preis von Deutschland, onde malia a súa desvantaxe de potencia do Veritas comparado cos seus rivais, terminou oitavo. A tempada tamén viu a Ulmen gañar o DMV Grenalandringrennen outra vez. Durante a tempada, sufriu un forte accidente durante unha sesión de práctica en Sachsenring de onde escapou case ileso. Chegou á carreira final da tempada de 1952, en Avusrennen, como líder na clase de Fórmula 2 de 2 litros de coches deportivos. No AVUS, perdeu unha dramática batalla co piloto de Veritas, Fritz Rieß, na penúltima volta. Isto significou que ambos pilotos empataron en puntos, e de acordo coas regulacións da DMV, Rieß foi declarado campión, xa que clasificara mellor en Eifelrennen. Logo disto soamente competiu de cando en vez en carreiras de coches.
Malia a súa retirada a principios de 1953, Ulmen púxose pronto, aínda que brevemente, detrás dun volante, compartindo un Jaguar D-Type con Herman Roosdorp para quedar no terceiro lugar na súa única carreira de resistencia de 24 horas, as 24 Horas de Spa Francorchamps de 1953.
Rexistro de carreiras Traxectoria profesional
Tempada Series Posición Equipo Coche 1927 Deutsche Tourist-Trophäe 1º Velocette 1946 Karlsruher Dreiecksrennen 2º Toni Ulmen BMW 328 1947 Stadtparkrenne Hamburg 1º Toni Ulmen BMW 328 Rund um Schotten 3º Toni Ulmen BMW 328 1949 Deutsche Meisterschaft 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Maipokalrennen 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Riemer Flugplatzrennen 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großer Preis von Nürburgring 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS DMV Grenzlandringrennen 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Solituderennen 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Kölner Kurs 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Rund um Schotten 2º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Tübinger Stadtring-Rennen 2º Toni Ulmen Veritas-BMW RS 1950 Deutsche Meisterschaft 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial Sachsenringrennen 1º ADAC Veritas-BMW RS Spezial Internationales ADAC Eifelrennen 2º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial Preis der Ostschweiz-Erlen 3º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial Maipokalrennen 3º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial 1951 Schauinsland Hillclimb 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großmutter Internationales AvD AVUS-Rennen 2º Toni Ulmen Veritas Meteor DMV Grenzlandringrennen 3º Toni Ulmen Veritas Meteor Meisterschaft West Deutschlands 4º Toni Ulmen Veritas Meteor 1952 Meisterschaft West Deutschlands 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS DMV Grenzlandringrennen 1º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Internationales ADAC-Eifel-Rennen Nürburgring 2º Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großmutter 24 Heures de Spa Francorchamps 3º Herman Roosdorp Jaguar C-Type
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos Toni Ulmen Veritas-Meteor Veritas6 en liña SUIRet 500 BEL FRA GBR ALE8 NED ITA NC 0
Resultados completos nas 24 Horas de Spa Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Pos. ClasePos. 1953 Herman Roosdorp Herman Roosdorp Jaguar C-Type S 3º 3º
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biography at conceptcarz.com
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos das 24 Horas de Spa Categoría:Nados en Düsseldorf