Santa Baia de Teilán é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Limita coas parroquias de Remesar ao norte, Rubián ao leste, Bóveda ao sur e Martín ao oeste.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 224 habitantes (123 mulleres e 101 homes), distribuídos en dez entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes.
Historia No ano 1402 o abade de Castro de Rei de Lemos, Enrique Martínez, aforoulle a Diego López de Somoza o lugar de Carballedo desta parroquia. Anos despois, no 1474 Frei Juan de Aián, fai foro a Leonor Afonso de Castroferos do Casal de Carballedo.
Patrimonio A igrexa de Santa Baia de Teilán, do século XVII, ten planta rectangular e muros de cachotaría de xisto, con cuberta a dúas augas e madeira de xisto. Accédese á capela maior mediante un arco de medio punto, e ten pegada, ó sur a sancristía. Pazo da Ribeira, no lugar da Ribeira. A fachada da casa ten tres inscricións. Unha baixo do escudo fai referencia á liñaxe dos señores: . A que aparece sobre o escudo leva o lema . Na porción de fachada á que se accede pola portada central figura: . Casa da Torre, tamén na Ribeira. A esta casa pertence unha imaxe de santa Baia conservada no pazo da Ribeira, polo que esta construción puido ser a casa orixinal do Pazo antes de se construír o actual.
Consérvanse varios muíños antigos, como o da Chousa en Souto ou o muíño do Sancho en Vales.
Lugares e parroquias Lugares de Teilán
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia