A Pinacoteca do Estado de São Paulo é unha institución cultural brasileira dependente da Secretaría de Cultura do Estado de São Paulo.«Pinacoteca do Estado de São Paulo» . Ministério da Cultura. Consultado o 27 de febreiro de 2017 A súa sede principal encóntrase no Jardim da Luz, na Cidade de São Paulo. Ademais, usa tamén un espazo chamado Estación Pinacoteca, antiga sede do DOPS, e un edificio no Parque do Ibirapuera.

Caracterízase como un dos máis importantes espazos museísticos de arte do Brasil e xunta no seu acervo máis de 6.000 obras, como pinturas, esculturas, collages, debuxos, tapices e obxectos de porcelana. A colección comprende a historia da pintura brasileira entre os séculos XIX e XX.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Museos do Brasil