O Domingo Sanguento ou Domingo Vermello foi unha matanza realizada pola Garda Imperial rusa contra manifestantes pacíficos, conducidos polo pai Gapon. Sucedeu en San Petersburgo o 22 de xaneiro de 1905 (9 de xaneiro segundo o calendario xuliano entón vixente en Rusia), día no que 200 000 traballadores se reuniron ás portas do Palacio de Inverno, residencia do tsar Nicolao II.miniatura|287x287px|Os membros da Garda disparando aos manifestantes.|esquerdaOs obreiros, organizados polo padre Gapón, procuraban demandar directamente ao tsar un salario máis alto e mellores condicións laborais, tras o fracaso de numerosas folgas feitas a finais do ano 1904. Os manifestantes levaban ese día iconas relixiosas, ademais de retratos do tsar, para demostrar que as súas intencións eran pacíficas.

O tsar Nicolao II non se atopaba no palacio neses momentos xa que fora a pasar a fin de semana a Tsarskoe Selo, pero o seu tío, o gran duque Vladimir Aleksandrovich, ordenou abrir fogo contra a multitude; en total estímase que morreron uns 200 manifestantes e 800 quedaron feridos, entre eles mulleres e nenos. A noticia da matanza non tardou en expandirse por todo o país e isto causou que moitos campesiños se sublevasen en zonas rurais, que houbese numerosas folgas en diferentes cidades e motíns nas Forzas armadas que se estenderon durante un ano.

En 1906 Nicolao II tratou de tranquilizar os manifestantes, para o que creou o parlamento ruso, a Duma, pero a opinión do pobo xa se volveu moi radical debido aos asasinatos e a violencia anterior. Os socialistas boicotearon a Duma e finalmente esta suspendeu a súa actividade en 1917, pola depresión económica que se orixinou na primeira guerra mundial, e polo éxito da Revolución Bolxevique.Gapon, Address to the Tsar, January 1905, in Ascher, The Revolution of 1905, Vol. 1Julio Montero Díaz, Leandro Corazón González: Historia del mundo contemporáneo.Wolfang J. Mommsen: Europa 1885-1918: La época del imperialismo.Johon y Carol Garrard: La vida y el destino de Vasili Grossman.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Revolución Rusa de 1905

Categoría:Revolución Rusa de 1905