Ready Player One é unha novela distópica de ciencia ficción de Ernest Cline publicada no ano 2011, a súa primeira obra deste tipo. No 2012 o libro recibiu un Premio Alex por parte da división Young Adult Library Services Association da Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos de América e gañou o Premio Prometheus de 2012.
Cline chegou a un acordo polos dereitos de publicación da novela en xuño de 2010 con Crown Publishing Group (unha división de Random House), tras recibir varias ofertas de varias editoriais. O libro publicouse o 16 de agosto de 2011. Ese mesmo día publicouse unha adaptación en audiolibro da obra, narrada por Wil Wheaton, que recibiu unha breve mención nun dos capítulos do libro.
Unha adaptación cinematográfica, dirixida por Steven Spielberg, foi estreada en marzo de 2018.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 2011 Categoría:Obras literarias en inglés