A gran historia de Galicia é unha colección de libros sobre a historia de Galicia, en lingua galega (32 tomos), obra de varios historiadores galegos.
Descrición Publicouse nos anos 2007 e 2008, co patrocino da Fundación Caixagalicia, e foi distribuída polo xornal La Voz de Galicia co gallo do seu 125 aniversario.
Está considerada como bibliografía básica nas facultades de historia de Galicia.G5021423 - Historia de Galicia III (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2012/2013. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. USC.
Autores Participaron na elaboración dos contidos: Xosé Ramón Barreiro Fernández, Justo Beramendi González, José Manuel Caamaño Gesto, Pilar Cagiao Vila, Ana Cabana Iglesia, Lourenzo Fernández Prieto, María del Carmen Pallares Méndez, Ermelindo Portela Silva, Pegerto Saavedra Fernández, Hortensio Sobrado Correa, María Luisa Pazos Pazos, Xosé Manuel Núñez Seixas, Aurora Artiaga Rego e Ramón Villares Paz.
Contido # Tomo, volume e título Autor/es 1 T. 1, vol. 1 Prehistoria de Galicia: o Paleolítico e o Epipaleolítico, o Neolítico e o megalitismo José Manuel Caamaño Gesto 2 T. 1, vol. 2 Prehistoria de Galicia: o Calcolítico e a Idade de Bronce José Manuel Caamaño Gesto 3 T. 2, vol. 1 A cultura castrexa: ocupación do territorio e cultura material José Manuel Caamaño Gesto 4 T. 2, vol. 2 A cultura castrexa: economía, sociedade, relixión e arte José Manuel Caamaño Gesto 5 T. 3, vol. 1 A Galicia romana: a conquista romana: ocupación do territorio e cultura material José Manuel Caamaño Gesto 6 T. 3, vol. 2 A Galicia romana: economía, sociedade, relixión e arte, o mundo suévico José Manuel Caamaño Gesto 7 T. 4, vol. 1 Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI): mulleres, homes e paisaxes M.ª del Carmen Pallares e E. Portela 8 T. 4, vol. 2 Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI): poder e mentalidade M.ª del Carmen Pallares e E. Portela 9 T. 5, vol. 1 De Xelmírez aos irmandiños, a Galicia feudal (séculos XII-XIV): campos e cidades nun espazo redefinido M.ª del Carmen Pallares e E. Portela 10 T. 5, vol. 2 De Xelmírez aos irmandiños, a Galicia feudal (séculos XII-XIV): o encadramento social e a loita polo poder M.ª del Carmen Pallares e E. Portela 11 T. 6, vol. 1 Do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): poboación e economía: un reino moi poboado Hortensio Sobrado Correa 12 T. 6, vol. 2 Do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): poboación e economía: unha economía diversificada Hortensio Sobrado Correa 13 T. 7, vol. 1 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): a sociedade: frades, cregos e fidalgos Pegerto Saavedra Fernández 14 T. 7, vol. 2 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): a sociedade: os campesiños, os conflitos sociais e os pobres Pegerto Saavedra Fernández 15 T. 8, vol. 1 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura: a política: os diversos poderes e o seu equilibrio cambiante Pegerto Saavedra Fernández 16 T. 8, vol. 2 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura: o ensino: desde as escolas de ferrado a universidade Pegerto Saavedra Fernández 17 T. 8, vol. 3 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura: a cultura popular, os libros e a ilustración Pegerto Saavedra Fernández 18 T. 9, vol. 1 Galicia e o mundo colonial americano: galegos en Indias (séculos XVI-XVII) Pilar Cagiao Vila e M.ª Luisa Pazos 19 T. 9, vol. 2 Galicia e o mundo colonial americano: galegos en América (1700-1850) Pilar Cagiao Vila e M.ª Luisa Pazos 20 T. 10, vol. 1 Galegos de ultramar: de emigrados a emigrantes Pilar Cagiao Vila 21 T. 10, vol. 2 Os galegos de ultramar: Galicia e o Río de la Plata Pilar Cagiao Vila e Xosé M. Núñez 22 T. 11, vol. 1 Historia política da Galicia contemporánea: a transición política (1789-1833) Xosé Ramón Barreiro Fernández 23 T. 11, vol. 2 Historia política da Galicia contemporánea: de Isabel II á Restauración (1833-1874) Xosé Ramón Barreiro Fernández 24 T. 11, vol. 3 Historia política da Galicia contemporánea: a Restauración no século XX Xosé Ramón Barreiro Fernández 25 T. 11, vol. 4 Historia política da Galicia contemporánea: o devalar da Restauración, a ditadura e o tránsito á República Xosé Ramón Barreiro Fernández 26 T. 11, vol. 5 Historia política da Galicia contemporánea: República, guerra civil e franquismo Xosé Ramón Barreiro Fernández 27 T. 12, vol. 1 Galicia no século XIX: estancamento económico e mudanzas sociais Aurora Artiaga e Ramón Villares 28 T. 12, vol. 2 Galicia no século XIX: a industria no século XIX Aurora Artiaga e Ramón Villares 29 T. 13, vol. 1 Século XX: unha economía: dúas sociedades: dinamismo social e desenvolvemento económico Ana Cabana e Lourenzo Fernández 30 T. 13, vol. 2 Século XX: unha economía: dúas sociedades: atraso económico nunha sociedade destruída Lourenzo Fernández Prieto 31 T. 14, vol. 1 A Galicia autónoma (dende a transición): a transición en Galicia Justo Beramendi 32 T. 14, vol. 2 A Galicia autónoma (dende a transición): os primeiros pasos da autonomía Justo Beramendi
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia de Galicia (Faro de Vigo, 1991).
Ligazóns externas
Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:La Voz de Galicia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Historiografía de Galicia Categoría:Libros de historia