As Forzas Armadas da Federación Rusa (en , , tr.: Vooruzhénniye síly Rossíyskoy Federátsii) é o poder militar de Rusia, estabelecido en 1992 tras a caída da Unión Soviética e o máis poderoso do mundo xunto co estadounidense, sendo o exército máis potente de Europa.

O Comandante en Xefe das Forzas Armadas é o Presidente de Rusia (actualmente Vladimir Putin), funcionando o Ministerio de Defensa como corpo administrativo das mesmas. Hoxe en día as tropas activas son aproximadamente 1 070 000 This source cites the IISS Military Balance 2014. e a reserva 2 000 000, IISS listed total reserves as 20,000,000 for many years, assuming a Soviet-style callup. The potential reserve personnel of Russia may be as high as 20 million, depending on how the figures are counted. todos os homes dispoñibles en total suman 3 070 000.

Organización As Forzas Armadas da Federación Rusa teñen tres ramas principais: as Forzas Terrestres, a Armada e a Forza Aérea. Ademais, hai tres corpos independentes das tres ramas anteriores: as Forzas Coheteriles Estratéxicas, as Forzas Espaciais e as Tropas Aerotransportadas.

Historia A República Socialista Federativa Soviética de Rusia, do mesmo xeito que todas as repúblicas soviéticas, tiñan as súas propias Forzas Armadas. Cada república federada ten as súas propias formacións militares), mantendo as Forzas Armadas da URSS.

Despois da disolución da Unión Soviética houbo intentos de conservar na Comunidade de Estados Independentes Forzas Armadas únicas, pero o resultado foi a división entre as distintas repúblicas. As Forzas Armadas da Federación Rusa foron formadas o 7 de maio de 1992, polo decreto do Presidente de Rusia Borís Yeltsin, como sucesor do Exército Vermello de RSFS de Rusia.

Actividades 174x174px|esquerda|O presidente de Rusia Vladimir Putin e o ministro de defensa Sergey Shoygu no Desfile do Día da Vitoria en Moscova, 9 de maio de 2013.|miniatura As Forzas do Estado Ruso participaron na contención dunha serie de conflitos armados no territorio da antiga Unión Soviética: Conflito de Transnistria, Guerra de Abjasia, Conflito en Osetia do Sur, na Guerra de Alto Karabaj e na Crise de Crimea de 2014, así como no apoio militar aos separatistas prorrusos intervindo na guerra civil no leste de Ucraína, aínda que desmentido pola mesma Rusia.La OTAN muestra imágenes que confirman la invasión militar rusa a Ucrania INFOBAE - 29 de agosto de 2014 En 2015 interveu na guerra contra o Estado Islámico.Rusia comienza su ofensiva aérea sobre Siria en los alrededores de Homs ABC.es - 30 de setembro de 2015

Durante o comezo da Guerra Civil en Tadjiikistán unha división permaneceu en devandita rexión.

No territorio da propia Federación Rusa, as Forzas Armadas participaron no conflito de Osetia do Norte e especialmente durante a primeira e segunda guerra chechena.

Século XXI En contraste coa severa crise financeira da década de 1990, durante os últimos anos a situación económica permitiu mellorar a situación das Forzas Armadas rusas. Destaca o programa estatal para o desenvolvemento dos armamentos 2007–2015, que prevía un gasto de 4 939 400 000 000 de rublos (133 100 949 335 euros), entre devanditos anos, na adquisición e desenvolvemento de tecnoloxía militar para as Forzas Armadas de Rusia.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía "How are the mighty fallen". The Economist. 2–8 de xullo de 2005. pp. 45–46. Russia Creates Unique Rifle That Can Shoot at Four Kilometres RNS, novembro 2016

Keir Giles, Military Service in Russia: No New Model Army, Conflict Studies Research Centre, maio 2007 International Institute for Strategic Studies, The Military Balance, varias edicións

Ligazóns externas The Russian Military, . Russian Ministry of Defense, . Russia's Military Analysis, . Russia Military Guide, . British Conflict Studies Research Centre papers on Russian armed forces, . Russian Military Capabilities in a 10 year perspective, . Russian military modernization - V. Putin´s model army por The Economist, 24 de maio de 2014, . Just How Dangerous is Russia's Military? by The National Interest 15 de xullo de 2016 por Nikolas Gvosdev, . , . Russia´s New Army , . Russia’s Military: Assessment, Strategy, and Threat, . Russia´s shiny new weapons , .

Categoría:Forzas armadas de Rusia