José Benito Segade Torrado, nado en Boiro en 1903, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Fragueiro de profesión e chófer. Afiliado ao Partido Galeguista. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado terceiro tenente alcalde de Boiro en marzo de 1936, na corporación presidida por Juan Somoza Rebollido.El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionado con multa e seis anos de inhabilitación.BOE, 7-2-1941, p. 581. Nos anos corenta estivo fuxido.A posguerra en Boiro Descargador en Boiro, sufriu un accidente en decembro de 1958.El Correo Gallego, 2-12-1958, p. 2.

Notas

Categoría:Concelleiros de Boiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido