Dawson's Creek é unha serie de televisión estadounidense de drama adolescente que conta a historia e as relacións dun grupo de amigos durante o instituto e o comezo da vida adulta. A serie foi creada por Kevin Williamson e foi estreada por The WB o 20 de xaneiro de 1998 con produción de Columbia TriStar Television.

Está protagonizada por James Van Der Beek que interpreta a Dawson Leery, Katie Holmes como a súa mellor amiga Joey Potter e Joshua Jackson como o seu mellor amigo Pacey Witter. Michelle Williams interpreta a Jen Lindley, e Kerr Smith e Meredith Monroe intepretan ós irmáns Jack e Andie McPhee. Está ambientada na vila ficticia de Capeside, Massachusetts, e foi filmada en Wilmington, Carolina do Norte.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1998 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2003 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América