miniatura|300px|Plantas nativas do novo mundo: 1. Millo (Zea mays) 2. Tomate (Solanum lycopersicum) 3. Pataca (Solanum tuberosum) 4. Vainilla (Vanilla) 5. Pará (Hevea brasiliensis) 6. Cacao (Theobroma cacao) 7. Tabaco (Nicotiana rustica) miniatura|300px|Plantas nativas do vello mundo: 1. Cítricos (Rutaceae); 2. Mazá (Malus domestica); 3. Banana (Musa); 4. Mango (Mangifera); 5. Cebola (Allium); 6. Café (Coffea); 7. Trigo (Triticum spp.); 8. Arroz (Oryza sativa)

O intercambio colombiano foi unha transferencia xeneralizada de plantas, animais, cultura, poboacións humanas, tecnoloxía e ideas entre as Américas e o Vello Mundo nos séculos XV e XVI, relacionado co comercio e a colonización europea após o descubrimento de Cristovo Colón. Especies invasoras de flora e fauna e enfermidades infecciosas tamén foron produto do intercambio.

O contacto entre as dúas áreas xerou unha gran circulación de gando e cultivos novos, o cal impulsou o crecemento da poboación en ambos os dous hemisferios, malia que nun comezo as enfermidades precipitaron o esmorecemento da poboación de indíxenas americanos. Os comerciantes regresaron a Europa con millo, patacas e tomates, que se converteron en cultivos moi importantes en Europa no século XVIII.

Notas

Categoría:Historia de Europa Categoría:Historia de América Categoría:Especies invasoras