O río Inagh ou río Cullenagh, (en irlandés An Eidhneach) é un río irlandés que flúe a través do condado de Clare, no oeste do país. Converxe co río Dealagh e desemboca na baía de Liscannor en Lahinch despois de atravesar o campo de golf da vila e a ponte O'Brien. As ruínas do castelo Dough atópanse á súa beira.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Ríos de Irlanda Categoría:Ríos da República de Irlanda