A Adoración dos Reis Magos, pertencente á colección do Museo do Prado (Madrid, España), é un cadro do pintor flamengo do barroco Peter Paul Rubens, considerado dende antigo como unha das súas obras mestras. Foi executada en 1609, aínda que posteriormente o propio Rubens volveuna pintar e ampliouna entre 1628 e 1629, durante a súa segunda viaxe a España. Representa o momento no que os tres reis visitan a Xesús.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Cadros do Museo do Prado