Santa Mariña de Veascós é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 138 habitantes (78 homes e 60 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 99 habitantes, sendo 55 homes e 44 mulleres. En 2016 tiña 97 habitantes, 43 mulleres e 54 homes, segundo o INE.

Toponimia O topónimo ten que ver coas terras de Velasco, . Fóra desta parroquia e lugar o nome non se repite en ningún outro lugar de Galicia.

Patrimonio A igrexa parroquial data de finais do século XIX, é de estilo funcionalista.

Na parroquia de Veascós hai moi bo granito, que era moi prezado para as pedras de afiar

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Veascós

Parroquias de Carballedo

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo

Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía