A Sobreira é un lugar da parroquia de Nogueira no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 29 habitantes no ano 2025, dos que 17 eran mulleres e 12 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 34 veciños, e 2010, cando tamén eran 34.
En 1842, a capitalidade do concello trasladouse desde San Martiño de Meis, onde o MadozPascual Madoz: Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. situaba a capital, ata este lugar da Sobreira, pero as protestas das parroquias de Meis e da Armenteira provocaron o traslado ó lugar do Redondelo (na parroquia de San Salvador de Meis), tal como consta xa en 1860. En todo caso, en 1900 e ata o presente, a capital do concello está situada no Mosteiro.Xosé Fariña Jamardo: Os concellos galegos. Parte Especial, tomo V: Irixoa-Moeche, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993, 397.
Lugares e parroquias Lugares de Nogueira
Parroquias de Meis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meis
Categoría:Lugares de Meis